Balada do café tristeVersion en ligne Test de lectura de "Balada do café triste", de Carson McCullers. Escóllase a resposta axeita. par Revolta da freixa 1 A protagonista namórase perdidamente... a do pastor b dun pobre chepudo c do mozo máis rico da vila 2 Na novela defínese o amor... a como unha escravitude para as persoas b como unha inexplicable tolemia c como unha experiencia compartida entre dúas persoas 3 ¿Que expresión lle acae ao ambiente descrito na novela? a no campo todos somos iguais b a alma podrece co aburrimento c a calma sosega o espírito 4 O café fora antes... a unha sala de festas b un cárcere c un almacén 5 A señorita Amelia e o seu marido resolvían as diferenzas... a a tiros b no xulgado c a puñadas 6 Houbo un momento en que os veciños pensaran que a señorita Amelia... a marchara da casa sen avisar b botara da casa o chepudo c matara e enterrara o chepudo 7 A señorita Amelia (protagonista) preséntasenos como unha muller... a de aspecto masculino e algo birolla b que só vive para o traballo c beata en exceso 8 a señorita Amelia é... a habilidosa cos animais e coa xente b habilidosa coa xente e coa calceta c habilidosa cos traballos manuais, pero non coa xente 9 O espazo literario n'A balada é un café que está situado... a nun antigo saloon b na vivenda da protagonista c nun cine 10 Un dos traballos da señorita Amelia era... a facer de veterinario para as bestas b levar o correo dos veciños c ser o médico oficioso da vila 11 Falarlle de seu pai ao curmán Lymon para Amelia era... a unha forma de posar o tempo b un desabafo psicolóxico c demostrarlle o seu amor 12 A Amelia gutáballe falar co curmán... a de cabalos de carreiras b do seu defunto marido c de temas xerais e de seu pai 13 O relato ten como tema central... a os cambios que o amor provoca nos protagonistas b a miseria económica en que viven os habitantes do lugar c os efectos do sol sobre os protagonistas 14 O chepudo tiña a perigosa habilidade de... a baixar as escaleiras esvarando polo pasamáns b encerellar os veciños entre si c preparar carne á grella moi picante 15 A señorita Amelia xa estivera casada... a unha vez b dúas veces c unha vez, pero enviuvara 16 Segundo a novela, a peor decisión que se pode tomar é... a coller varios camiños á vez b cultivar algodón c casar sen amor 17 O edificio máis grande da vila era... a o cárcere b o saloon c un café 18 A actividade máis interesante que se podía facer na vila era... a ir ver traballar a cadea de presos b ir ao cine de vez en cando c embebedarse na praza 19 "A balada do café triste" ambiéntase nun vilarexo... a do sur dos EUA b en Alaska c en Nova York 20 O chepudo viviu na casa da señorita Amelia... a catro anos b seis anos c doce anos