A representación da TerraVersion en ligne Preguntas sobre o que é un globo terráqueo, un planisferio ou mapamundi, paralelos e meridianos, escalas, límites dos continentes, lonxitude, latitude,... par Ana Belén Martínez Rama 1 Un globo terráqueo é a unha esfera que reproduce a Terra con exactitude. b Unha representación plana da Terra pegada nunha esfera. c Unha representación plana da superficie da Terra. d Unha esfera que reproduce a Terra con POUCA exactitude. 2 Un planisferio político representa: a Todas as comunidades autónomas do planeta. b a extensión, a localización e os límites de todos os países da Terra. c Os continentes, os océanos, os sistemas montañosos, penínsulas,... d Todos os ríos do planeta co país ao que pertencen 3 A escala indícanos... a os centímetros que ten o mapa b a realidade en forma reducida. c a equivalencia entre cada fragmento do mapa e a realidade. d os metros que ten o mapa. 4 Un paralelo é a é unha liña imaxinaria que une os polos. b É unha representación da Terra c unha liña imaxinaria que rodea a Terra e é paralela ao Ecuador. d cada liña imaxinaria que rodea a Terra e é perpendicular ao Ecuador. 5 Un meridiano é ... a unha liña imaxinaria que une os polos. b é unha liña imaxinaria que rodea a Terra horizontalmente e é paralela ao Ecuador. c é unha liña imaxinaria que permite coñecer a latitude dun punto. d é o que nos indica a escala que tempos que poñerlle a un mapa. 6 A latitude é... a é unha liña imaxinaria que une os dous polos. b é unha liña imaxinaria que rodea a Terra e é paralela ao Ecuador. c é a disntancia que hai entre calquera punto da Terra e o meridiano de Greenwich. d é a distancia que hai entre calquera punto da Terra e o Ecuador. 7 A lonxitude é ... a é a distancia que hai desde calquera punto da Terra e o Ecuador. b é a distancia que hai desde calquera punto da Terra ao meridiano de Greenwich. c é unha liña imaxinaria que une os dous polos. d é unha liña imaxinaria paralela ao Ecuador. 8 Europa ... a Está situada ao Oeste de Asia e separada dela polos Montes Escandinavos b está situada ao Sur de Asia e separada dela polo Cáucaso. c está situada ao Oeste de Asia e separada dela polos Montes Urais d está ao Leste de Asia e bañada polo océnao Pacífico. 9 América... a exténdese de norte a sur e está bañada polo Mar Mediterráneo e o océano Pacífico. b está situada ao sur de Asia e separada dela polos Montes Urais c é o continente máis longo e está bañado polo océano Índico. d exténdese de Norte a Sur e está bañada polo océano Pacífico e o océano Atlántico. 10 Asia... a É o continente máis extenso e nel está a cordilleira máis alta do mundo. b é o segundo continente máis grande e está bañada polo océano Atlántico. c Está ao Oeste de Europa e nel están os Alpes d Está enteiro no Hemisferio Sur e está bañado polo océano Índico. 11 Nun planisferio físico podemos ver... a os océanos, os continentes e as capitais dos países. b podemos ver a división dos continentes e dos países. c os océanos, continentes, sistemas montañosos, ríos,... d podemos ver os polos, os océanos e as temperaturas. 12 África a Estáao sur de Europa e nela destaca o deserto do Sáhara e os montes Atlas. b está ao sur de Europa e nela destaca a cordilleira dos Alpes. c Está ao sur de Europa e está bañada polo océano Gracial Ártico. d Está ao sur de Asia e está bañada polo océano Pacífico.