Icon Créer jeu Créer jeu

ENCRUCILLADO

Mots Croisés

(1)
Aquí vos deixo este encrucillado. Espero que vos guste case tanto como o anterior pasapalabra.
Todo o mundo a xogar!!

Téléchargez la version pour jouer sur papier

Âge recommandé: 9 ans
30 fois fait

Créé par

Spain

Top 10 résultats

  1. 1
    02:16
    temps
    20
    but
Voulez-vous apparaître dans le Top 10 de ce jeu? pour vous identifier.
Créez votre propre jeu gratuite à partir de notre créateur de jeu
Affrontez vos amis pour voir qui obtient le meilleur score dans ce jeu

Top Jeux

  1. temps
    but
  1. temps
    but
temps
but
temps
but
 
game-icon

Mots Croisés

ENCRUCILLADOVersion en ligne

Aquí vos deixo este encrucillado. Espero que vos guste case tanto como o anterior pasapalabra. Todo o mundo a xogar!!

par Fátima Caramés Solla
1

Facultade de formar na mente imaxes de cousas reais ou irreais, materiais ou abstractas.

2

Muller que se dedica á curación e prevención das doenzas dos animais entre outras cousas.

3

Libro que contén palabras dunha lingua ou dunha ciencia ou materia determinada, ordenadas alfabeticamente e acompañadas dunha definición.

4

Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras.

5

Sentimento de pracer que produce un estado favorable.

6

Insecto da familia dos coccinélidos de forma arredondada. Xeralmente é vermello e con sete puntos negros.

7

Pedra plana situada a pouco a altura do chan, onde se facía lume para cociñar.

8

Froito da cerdeira, de forma arredondada, con carabuña e de cor vermella.

9

Estado de ánimo melancólico, en particular causado pola nostalxia da terra, do lugar dun.

10

Ave da familia dos anátidos da que existen diversas especies, mariña ou de auga doce, nadadora ou mergulladora, que se somerxe total ou parcialmente para conseguir alimento e de cores variadas.

11

Rir sen facer ruído, facendo un leve movemento cos labios.

12

Parte externa da articulación do fémur coa tibia.

13

Parte posterior do pescozo, onde empeza a cabeza.

14

Líquido vermello e viscoso que circula polas veas e arterias do organismo.

15

Conxunto de follas escritas ou impresas, cosidas ou pegadas entre si e encadernada.

16

Condensación do vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar ás nubes, que reduce a visibilidade.

17

Nai do pai ou da nai dunha persoa.

18

Muller que, respecto doutra, é filla dos mesmos pais ou só do mesmo pai ou da mesma nai.

19

Lugar onde nacen e viven algúns animais.

20

Corpo ovalado cunha cáscara exterior que poñen as femias dalgúns animais e que contén no interior o embrión dun novo ser.

2
15
8
12
9
20
11
10
14
6
16
7
3
1
18
4
17
13
5
educaplay suscripción