Relier Pairs Científicas galegas!Version en ligne Une cada unha das imaxes co seu nome correspondente. Actividade creada para o alumnado de 5ºEP no contexto da materia Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais I Jorge Varela Otero USC par Xurxo Varela 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 MARÍA WONENBURGER, matemática que exerceu de investigadora científica nos EE.UU. e o Canadá. Foi experta no campo da álxebra matemática. MARÍA JOSÉ ALONSO, farmacéutica, catedrática e académica especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos. É unha das científicas máis influíntes de España. ISABEL ZENDAL, enfermeira e reitora do Hospital da Caridade da Coruña. Participou na expedición filantrópica da vacina de Xavier Balmis. Levou a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. EUGENIA PEREIRA, de profesión hixienista dental, Doutora en Ciencia e Farmacia. ANTONIA FERRÍN, ourensá matemática e astrónoma. AÍDA FERNÁNDEZ RÍOS, bióloga viguesa membro da Real Academia Galega de Ciencias. MARÍA TARSY CARBALLAS, científica galega pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada-húmida de España. ÁNGELA RUÍZ ROBLES, mestra e inventora galega precursora do libro electrónico ou e-book. MANUELA BARREIRO, farmacéutica, primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 1901. ALICIA ESTÉVEZ TORANZO, pontevedresa especializada en patoloxías que afectan aos peixes (ictiopatoloxías). ÁNGELES ALVARIÑO, zoóloga, oceanógrafa e mestra que liderou o comezo da investigación oceanográfica global. Naceu en Serantes, Ferrol. BEGOÑA VILA, astrofísica viguesa que traballou para a NASA ou a Axencia Espacial Canadense. OLIMPIA VALENCIA, foi a primeira médica galega. Especializouse en xinecoloxía.