Créer jeu
Obtenir Plan Académique

Ruleta dos deportes

Mots Roulette

Adiviña a palabra que se agocha tras a casilla.

Téléchargez la version pour jouer sur papier

Âge recommandé: 9 ans
1 fois fait

Créé par

Spain

Top 10 résultats

  1. 1
    05:00
    temps
    31
    but
Voulez-vous apparaître dans le Top 10 de ce jeu? pour vous identifier.
Créez votre propre jeu gratuite à partir de notre créateur de jeu
Affrontez vos amis pour voir qui obtient le meilleur score dans ce jeu

Top Jeux

  1. temps
    but
  1. temps
    but
temps
but
temps
but
 
game-icon

Ruleta dos deportesVersion en ligne

Adiviña a palabra que se agocha tras a casilla.

par Fitipaldis Fitos Fitos
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z

Comeza por A

Conxunto de probas deportivas divididas en carreiras, saltos e lanzamentos.

Comeza por B

Deporte en que participan dous equipos de cinco xogadores, que consiste en xogar un balón coas mans para tratar de introducilo na canastra do equipo contrario.

Comeza por C

Deporte que consiste en correr en bicicleta.

Comeza por D

Conxunto de movementos que se executan seguindo o ritmo da música e que forman unha peza completa de baile.

Comeza por E

Arte de manexar a espada e outras armas brancas coma o sabre, e exercicio en que se practica.

Comeza por F

Deporte no que participan dous equipos de once xogadores cada un, que deben, sen valerse das mans e dos brazos, e utilizando especialmente os pés e a cabeza, introducir un balón na portaría contraria, salvando a oposición do outro equipo.

Comeza por G

Xogo de orixe escocesa que consiste en golpear cun pau unha bóla para introducila cun mínimo de golpes en dezaoito buratos distribuídos ao longo dun campo cuberto de obstáculos.

Comeza por H

Xogo de equipo que se practica sobre herba, sobre xeo ou nunha pista de cemento, no que os xogadores, conforme unhas regras parecidas ás do fútbol, han de enviar un disco ou unha bóla, segundo a variante, á portaría contraria cunha especie de bastón curvo.

Comeza por I

Forza necesaria para realizar un salto, exercicio etc.

Comeza por J

Antigo sistema de loita xaponesa sen armas, hoxe practicada como deporte, baseado no emprego de chaves para inmobilizar o contrario ou para desequilibralo e facelo caer.

Comeza por K

Sistema de loita xaponesa sen armas, hoxe practicada como deporte, en que un individuo trata de derribar o contrario mediante golpes secos dados co bordo das mans, cos cóbados, cos xeonllos e co pé.

Comeza por L

Persoa que practica algún deporte de loita.

Comeza por M

Deporte que consiste en correr en motocicleta.

Comeza por N

Acción e efecto de nadar.

Comeza por O

Cada un dos elementos (valos, muros etc.) que os participantes de determinadas probas ecuestres ou atléticas deben superar durante o percorrido.

Comeza por P

Persoa que se lanza en paracaídas.

Comeza por Q

Conxunto de exercicios físicos que se realizan para desentumecer os músculos antes de realizar outro máis forte.

Comeza por R

Deporte que consiste en remar en embarcacións apropiadas, que adoitan ser longas e estreitas.

Comeza por S

Deporte que consiste en facer longos percorridos camiñando por vereas e sendeiros.

Comeza por T

Deporte no que se enfrontan dous xogadores ou dúas parellas de xogadores que se sitúan a ambos os lados dunha cancha rectangular dividida transversalmente por unha rede, e que consiste en golpear a pelota cunha raqueta, facéndoa pasar por derriba da rede para que bote no campo contrario.

Comeza por U

Traxe dunhas características determinadas que é común e xeralmente obrigatorio para todos os membros dun grupo ou dun colectivo.

Comeza por V

Deporte no que se enfrontan dous equipos de seis xogadores, que lanzan, coas mans, unha pelota por riba dunha rede situada no centro do campo de xogo, coa intención de que toque no campo do equipo contrario.

Comeza por W

Deporte que se practica nunha piscina e no que se enfrontan dous equipos de sete nadadores intentando introducir un balón na meta contraria, botándoo coas mans; Gaña o equipo con máis goles nos 20 minutos do partido, dividido en catro partes iguais.

Comeza por X

Local coas condicións e os aparellos adecuados para practicar ximnasia.

Comeza por Y

Conxunto de técnicas de concentración derivadas desta doutrina filosófica que se practican para lograr un maior control físico e mental.

Comeza por Z

Facer [algo] sen orde nin coidado e mesmo con présa para acabar axiña.