PASAPALABRA DO ENTROIDOVersion en ligne Xogo de pasapalabra relacionado con termos do entroido. par CEE NOSA SRA DO ROSARIO A B C D E F G I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Embutido cárnico elaborado con costela de porco, pemento, sal e allo. Comeza por B Personaxe do folclore galego vinculado ás festas de entroido dos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña. Comeza por C Máscaras características do entroido de Verín. Comeza por D Comarca da provincia de Pontevedra coa capital en Lalín de onde son típicos os xenerais. Comeza por E Termo que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Comeza por F Produto gastronómico típico da sobremesa en Galicia coñecido tamén nalgunhas zonas como freixó ou marrucho. Comeza por G Máscaras típicas da zona de Cangas e Vilaboa. Comeza por I Palabra latina da que deriva o termo entroido. Comeza por L Lugar onde o ciclo desta festividade é o máis longo. Comeza por M Termo francés co que se coñece a palabra entroido. Contén N Día da semana considerado un dos grandes desta festa. Comeza por O Xunto coa filloa, sobremesa doce moi típica desta data. Comeza por P Máscaras características de Xinzo de Limia. Contén Q Continúa o dito: Cada entroido seu… Comeza por R Concello da provincia de Ourense de onde son típicos os vellarróns. Comeza por S Festividade do santoral que coincide co inicio do entroido en Verín. Comeza por T Máscaras do concello de Bande. Contén U Continúa a cantiga popular: Adeus martes de entroido, adeus, meu amiguiño, ata domingo de pascua non comerei máis … Comeza por V Lugar onde o ciclo do entroido da comezo o día de Candelas (2 de febreiro). Comeza por X Día da semana no que se celebra a festa de comadres e compadres. Contén Z Embutido típico da Península Ibérica e Latinoamérica. Especie de salchicha curada (ben ao aire, ben afumada) elaborada basicamente de carne de porco picada e adobada con especias.