Materia, luz e calorVersion en ligne Preguntas tipo test sobre materia, luz e calor para o alumnado de 4º par Alfonso Marcos 1 Cales son as propiedades xerais da materia? a Elasticidade e masa b Masa e volume c Volume e espazo d Fraxilidade e dureza 2 Que tipos de materiais pode haber? a Naturais e complexos b Simples e complexos c Naturais e artificiais d Simples e artificiais 3 Marca os que sexan materiais naturais Escolle unha ou máis respostas a La b Plástico c Rochas d Papel 4 Marca os materiais que sexan artificiais Escolle unha ou máis respostas a Auga b Vidro c Pneumático d Area 5 Cal son os estados en que pode presentarse a materia? Escolle unha ou máis respostas a Sólido b Xelatinoso c Gasoso d Líquido 6 Marca as propiedades específicas dos materiais Escolle unha ou máis respostas a Masa b Cor c Textura d Olor 7 Marca cal son mesturas homoxéneas Escolle unha ou máis respostas a Auga salgada b Auga con area grosa c Ensalada de froitas d Crema de cenoiras 8 Marca cal son mesturas heteroxéneas Escolle unha ou máis respostas a Café con leite b Salpicón c Té vermello d Cocido galego 9 Que técnicas hai para separar as mesturas? Escolle unha ou máis respostas a Filtración b Fusión c Evaporación d Decantación 10 Como poden ser os cambios na materia? a Homoxéneos e físicos b Químicos e psíquicos c Químicos e físicos 11 Que tipos de cambios químicos se poden dar? Escolle unha ou máis respostas a Oxidación b Combustión c Evaporación d Fermentación 12 Segundo os materiais deixen ou non pasar a luz clasifícanse en? Escolle unha ou máis respostas a Opacos b Transparentes c Heteroxéneos d Translúcidos 13 Cando un material deixa pasar completamente a luz, é? a Translúcido b Transparente c Opaco 14 Cando un material deixa pasar a luz pero non permiten ver nitidamente o que hai detrás, é? a Opaco b Transparente c Translúcido 15 Cando un material non deixa pasar a luz, é? a Opaco b Translúcido c Transparente 16 Cales son as cores primarias? Escolle unha ou máis respostas a Vermello b Morado c Azul d Verde 17 Marca as fontes de calor naturais Escolle unha ou máis respostas a Sol b Estufa c Lava dun volcán d Radiador 18 Marca as fontes de calor artificiais Escolle unha ou máis respostas a Sol b Radiador c Lava dun volcán d Estufa 19 Con que instrumento medimos a temperatura? a Anemómetro b Barómetro c Termómetro d Afinador 20 Cal é a temperatura normal do corpo humano? a Entre 35ºC e 37ºC b Entre 36ºC e 37ºC c Entre 35ºC e 38ºC d Entre 34ºC e 40ºC 21 Marca as temperaturas que indican febre: Escolle unha ou máis respostas a 37ºC b 39ºC c 36,5ºC d 38ºC