O ADN e xenéticaVersion en ligne Test para repasar conceptos sobre o ADN e a xenética. par Santiago Alonso Bernal De Sousa 1 Que é o ADN? a É a molécula que alamacena a información xenética da célula b É o nome dado ás células do noso corpo c É un tipo de virus d É un antiinflamatorio 2 De qué está composto o ADN? a Está composto por longas cadeas de enzimas b Está composto por longas cadeas de proteínas c Está composto por longas cadeas de nucleótidos d Está composto por longas cadeas de lípidos 3 En qué consiste a replicación do ADN? a Proceso polo cal fórmase o ADN b Proceso polo cal cada cadea de ADN fai unha copia de si mesma c Proceso polo cal fórmase unha molécula de ARN mensaxeiro d Proceso polo cal fórmase unha proteína con secuencia de aminoácidos determinada pola secuencia de bases nitroxenadas do ARNm 4 Que é o ARN? a Molécula portadora da información xenética b A tercera e a cuarta son correctas c Ácido ribonucleico d Ácido nucleico que participa na síntese das proteínas e realiza a función de mensaxeiro da información xenética. 5 De que está composto o ARN? a Ribosa, adenina, guanina, citosina, uracilo e H3PO4 b Ribosa, adenina, guanina, citosina, timina e H3PO4 c Desoxirribosa, adenina, guanina, citosina, uracilo e H3PO4 d Desoxirribosa, adenina, guanina, citosina, timina e H3PO4 6 Cales son os tipos de ARN? a ARN ribotómico, ARN pentaxeiro e ARN cransferente b A tercera e a cuarta son correctas c ARNr, ARNm e ARNt d ARN ribosómico, ARN mensaxeiro e ARN transferente