Icon Créer jeu Créer jeu

Tema 2 - Repaso de conceptos

Mots Croisés

Repaso de algúns termos chave sobre o tema "Burguesía e clase media"

Téléchargez la version pour jouer sur papier

Âge recommandé: 16 ans
4 fois fait

Créé par

Spain

Top 10 résultats

Il n'y a toujours pas de résultats pour ce jeu. Soyez le premier à apparaître dans le classement! pour vous identifier.
Créez votre propre jeu gratuite à partir de notre créateur de jeu
Affrontez vos amis pour voir qui obtient le meilleur score dans ce jeu

Top Jeux

  1. temps
    but
  1. temps
    but
temps
but
temps
but
 
game-icon

Mots Croisés

Tema 2 - Repaso de conceptosVersion en ligne

Repaso de algúns termos chave sobre o tema "Burguesía e clase media"

par Xosé Antón García González
1

Estilo pictórico que recreou os ambientes e as vivencias da burguesía no século XIX, protagonista de cadros festivos, urbanos e paisaxísticos

2

Conxunto de intervencións dirixidas desde o Estado, orientadas a garantir uns servizos mínimos á poboación a través dun sistema de protección social

3

Período de expansión (1890-1914) das economías capitalistas europeas e norteamericana

4

Líder xacobino durante a época do Terror (1793-1794)

5

O káiser Guillerme II levou adiante esta política, inspirada en fortalecer a influencia exterior -a nivel militar, económico e político- de Alemania

6

Época do réxime moderado que gobernou Francia despois da reacción thermidoriana. A ideoloxía da alta burguesía impúxose nesta época (1795-1799) a nivel de organización política. O período rematará co golpe de Estado do 18 de Brumario, executado por Napoleón Bonaparte

7

Nome dado á asemblea republicana francesa durante o período 1792-1795

8

O grande líder conservador británico durante e despois da Segunda Guerra Mundial, autor da célebre frase \"sangue, suor e bágoas\"

9

Primeiro ministro británico, tory, figura significativa da política británica no último tercio do século XIX

10

Invento de Meucci, patentado orixinariamente por Bell, que se incorporou progresivamente ás sociedades máis industrializadas a partir do último cuarto do século XIX

11

Cabe calificar así a influencia relixiosa na moral vitoriana. Esta é unha moral...

12

Presidente francés que tentou recuperar para o seu país unha posición de relevancia tras a Segunda Guerra Mundial, liderando a integración económica en Europa e auspiciando unha política militar que inclúe o uso da enerxía nuclear

13

Localidade na que foi interceptada a familia de Lois XVI no seu intento de fuxida cara a Austria, e que precipitaría a caída da monarquía constitucional, en 1792

14

Plan económico de axuda á reconstrución europea despois da Segunda Guerra Mundial, habilitado polos USA e concedido aos Estados que adoptasen o capitalismo como sistema económico-político

15

\"Affaire\" relacionado cun militar inxustamente condeado en Francia a finais do século XIX por pasar información ao inimigo. A decisión foi duramente criticada, por antisemitismo, por É. Zola

16

Raíña británica que marcou unha época, entronizada entre 1837 e 1901, emperatriz da India en 1876

17

Programa aeronáutico xestionado pola NASA e impulsado polo goberno demócrata de Kennedy, que tiña por obxectivo enviar unha misión tripulada á Lúa

18

Rexión do centro-oeste francés na que, dada a influencia das forzas contrarrevolucionarias -en particular unha grande proporción de clero \"refractario\"-, se producíu un levantamento contra o goberno da Convención

19

Revolucionario xacobino, xornalista director de \"L\'ami du Peuple\", asasinado por Charlotte Corday na súa bañeira e inmortalizado por Jacques-Louis David desta guisa

20

Organización para a cooperación económica entre os estados europeos, constituida polo Tratado de Roma (1957) con seis membros inaugurais

14
17
12
15
6
16
13
2
8
3
10
20
7
5
1
19
11
18
educaplay suscripción