Icon Créer jeu Créer jeu

Mulleres científicas

Mots Roulette

Pasapalabra sobre mulleres científicas.

Téléchargez la version pour jouer sur papier

Âge recommandé: 15 ans
0 fois fait

Créé par

Spain

Top 10 résultats

Il n'y a toujours pas de résultats pour ce jeu. Soyez le premier à apparaître dans le classement! pour vous identifier.
Créez votre propre jeu gratuite à partir de notre créateur de jeu
Affrontez vos amis pour voir qui obtient le meilleur score dans ce jeu

Top Jeux

  1. temps
    but
  1. temps
    but
temps
but
temps
but
 
game-icon

Mulleres científicas Version en ligne

Pasapalabra sobre mulleres científicas.

par BELÉN MARTÍNEZ LÓPEZ
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Y
Z

Comeza por A

Primeira muller programadora da historia

Comeza por B

Nacida en Seattle, Washington o 29 de xaneiro de 1947, é unha médica e científica estadounidense coñecida polos seus traballos sobre o sistema olfactivo.

Comeza por C

Bióloga estadounidense especializada en xenética. Xunto con Alfred Hershey, demostrou que o ADN é o material hereditario que almacena a información xenética.

Comeza por D

Nada no Cairo o 12 de maio de 1910 e finada en Ilmington o 29 de xullo de 1994, foi unha química británica que recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo en cristalografía.

Comeza por E

Microbióloga estadounidense pioneira na xenética bacteriana e que axudou ao descubrimento do virus bacteriófago λ.

Comeza por F

Matemática, profesora e primeira astrónoma galega. Coñecida por ocultacións estelares pola Lúa, estrelas dobres e medidas astrométricas.

Comeza por G

Bioquímica francesa de orixe ruso. Descubriu o ARN-polimerasa xunto a Severo Ochoa.

Comeza por H

Muller científica, filósofa neoplatónica e mestra, que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas e a astronomía da época.

Comeza por I

Sismóloga danesa coñecida por realizar as primeiras probas de magnitudes de sismos e das súas consecuencias. Foi tamén descubridora da discontinuidade que separa o núcleo interno do externo.

Comeza por J

Estudou o comportamento social e familiar dos chimpancés no Gombe National Park en Tanzania.

Comeza por K

Inventora do Kevlar que é o responsable de salvar centos de vidas grazas aos chalecos antibalas.

Comeza por L

Propuxo a teoría endosimbiótica que intenta describir a orixe das células eucariotas, a partir do establecemento dunha relación simbótica entre bacterias ancestrais que deron lugar a mitocondrias ou cloroplastos.

Comeza por M

Doctora canadiense que realizou importantes aportes na área da cinética enzimática e tamén na de histoloxía.

Comeza por N

Bióloga do desenvolvemento, alemana, gañadora do Premio Nobel de Medicina en 1995 polos seus descubrimentos sobre o control xenético das primeras etapas do desenrolo embrionario.

Comeza por O

Primeira muller profesora na universidade xaponesa de Nagoya. Actualmente é profesora no Instituto Médico da Universidade Fujita. Coñecida por descubrir e investigar os chamados fragmentos de Okazaki da replicación do ADN.

Comeza por P

Primeira muller en dirixir un programa de posgrao en oftalmoloxía. Foi a primeira persoa negra residente en oftalmoloxía na Universidade de Nova York.

Comeza por Q

Oceanógrafa. Primeira muller que embarcou nunha campaña oceanográfica en España e a primeira en firmar un traballo científico en ciencias do mar.

Comeza por R

Neuróloga italiana que descubriu o primeiro factor de crecemento coñecido no sistema nervioso.

Comeza por S

Bioquímica española. Encargada de impulsar a investigación española no campo da bioquímica e da bioloxía molecular.

Comeza por T

Cartógrafa oceanográfica e xeóloga estadounidense que creou o primeiro mapa de todo o fondo oceánico xunto con Bruze Heezen. Manifestou a existencia da dorsal mesoatlántica e revolucionou a comprensión científica da deriva continental.

Comeza por U

Sismóloga española licenciada en ciencias pola Universidade de Cataluña

Comeza por V

Médica estadounidense que se especializou en anestesia aplicada á obstetricia e pediatría. Fundou o campo da neonatoloxía. Creou un coñecido método para avaliar a saúde de nenas e nenos recén nacidos.

Contén X

Matemática e científica escocesa, foi unha das mulleres do seu tempo que con máis pasión se adicou ao estudo das matemáticas e ao coñecemento dos avances científicos. Nas súas obras predomina o desexo de contribuír á divulgación do pensamento científico do momento.

Contén Y

"Muller máis bela da historia do cine" e inventora do sistema de comunicacións denominado “técnica de transmisión no espectro ensanchado” no que se basean todas as tecnoloxías inalámbricas das que dispoñemos na actualidade.

Comeza por Z

Enfermeira española, rectora do Orfanato da Claridade da Coruña. Tivo un papel relevante na expedición organizada co obxectivo de realizar unha campaña de vacinación fronte a viruela.

educaplay suscripción