Icon Créer jeu Créer jeu

Os invertebrados

Mots Roulette

Realiza o seguinte rosco sobre o tema. Ollo! A palabra que se busca pode comezar por ou conter a letra indicada. Non escribas ningunha resposta en maiúscula
Coidado coa ortografía e a xogar!

Téléchargez la version pour jouer sur papier

Âge recommandé: 12 ans
29 fois fait

Créé par

Spain

Top 10 résultats

Il n'y a toujours pas de résultats pour ce jeu. Soyez le premier à apparaître dans le classement! pour vous identifier.
Créez votre propre jeu gratuite à partir de notre créateur de jeu
Affrontez vos amis pour voir qui obtient le meilleur score dans ce jeu

Top Jeux

  1. temps
    but
  1. temps
    but
temps
but
temps
but
 
game-icon

Os invertebradosVersion en ligne

Realiza o seguinte rosco sobre o tema. Ollo! A palabra que se busca pode comezar por ou conter a letra indicada. Non escribas ningunha resposta en maiúscula Coidado coa ortografía e a xogar!

par Carlos Bio
A
B
C
D
E
F
G
H
I
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Grupo de artrópodos con 4 pares de patas e sen antenas nin ás

Comeza por B

A ameixa pertence a este grupo de moluscos

Comeza por C

Parte do corpo de arácnidos e crustáceos, resultado da fusión da cabeza e do tórax

Comeza por D

Principal grupo de crustáceos, con 5 pares de patas, como o cangrexo, a nécora...

Comeza por E

Grupo de invertebrados ao que pertencen os ourizos de mar

Contén F

Grupo de invertebrados ao que pertencen as esponxas de mar

Comeza por G

Moluscos que teñen unha cabeza con tentáculos e ollos, e o pé adoita estar cuberto por unha cuncha externa.

Comeza por H

Grupo de especies do grupo Equinodermos, coñecidos como pepinos de mar

Comeza por I

Grupo de artrópodos máis numeroso, que teñen un ou dous pares de ás

Contén K

Verme cilíndrico de extremos afiados que se atopa no peixe fresco

Contén L

Moluscos coa cabeza ben desenvolta, un manto musculoso e un pé formado por tentáculos con ventosas, e cunha cuncha interna

Comeza por M

Os milpés e os cempés pertencen a este grupo de artrópodos

Comeza por N

Lesmas mariñas que perderon a súa cuncha que pertencen aos gasterópodos

Comeza por O

Abertura das esponxas por onde sae a auga con refugallos

Comeza por P

Tipo de cnidarios que vive fixo ao fondo do mar

Comeza por Q

Dúas unllas que teñen os arácnidos conectados a unha glándula de veleno

Comeza por R

Tipo de simetría que teñen os equinodermos e cnidarios

Comeza por S

Verme anélido co corpo segmentado que succiona o sangue de algúns vertebrados

Comeza por T

Verme platihelminto que parasita aos humanos ao comer carne de vaca ou porco mal cociñada que conteña quistes desta especie

Contén U

Estrutura ríxida protectora dos artrópodos que cambian mediante mudas

Comeza por V

Nome que reciben as dúas cunchas externas articuladas de certos moluscos coma o mexillón ou a vieira

Contén X

Cabeza con órganos de suxeición para pegarse ao intestino do hóspede que teñen as tenias

Contén Z

Reino ao que pertencen todas as especies mencionadas neste rosco

educaplay suscripción