Esta actividade ten como obxectivo presentar ao alumnado os diferentes bloques dialectais nos que se divide a lingua galega, así como as variacións lingüísticas que motivan esta división.
1
Bloque occidental
2
Bloque central
3
Bloque oriental
Explicación
- GHEADA: logho (logo), amigha (amiga), Lugho (Lugo)
- SESEO TOTAL: disir (dicir), cosiña (cociña), des (dez) ou seseo só final de sílaba: lus (luz) mais facer
- SUFIXO -AN: man, irmán, castelán, chan
- PLURAL PALABRAS REMATADAS EN -N: uns, algúns, leóns, calcetíns
· EXEMPLOS: acende a lus da cosiña // Os tighres non son curmáns dos leóns // Ese xa caeu des veces ao chan
- NON SESEO: luz, dez, empezar, dicir
- SUFIXO -AO: mao, irmao, chao (man, irmán, chan)
- PLURAL PALABRAS REMATADAS EN -N: cas (cans), leós (leóns), ladrós (ladróns), calcetís (calcetíns)
- ALGUNHA GHEADA
· EXEMPLOS: a meu irmao caeulle a tixola ao chao // Vin pasar por alí unhos camiós negros // Mercou dous cas de palleiro
- PLURAL PALABRAS REMATADAS EN -N: cais (cans), pantalois (pantalóns), ladrois (ladróns)
- SUFIXO -IÑO: camín (camiño), paxarín (paxariño) , vecín (veciño)
- GRUPO -UA-: cuatro (catro), cuando (cando), guardar (gardar)
- Baxo (baixo), caxa (caixa)
· EXEMPLOS: gústanme esas canciois // O gato é moi bonitín // O meu vecín ten cuatro cais // Mira aí, ta guardado na caxa
|