Icon Créer jeu Créer jeu

CONCEPTOS SÉCULO XIX. BLOQUE 3

Mots Roulette

RELACIÓN DE CONCEPTOS DO TEMA " A CRISE DO ANTIGO RÉXIME" - "GUERRA DE INDEPENDENCIA" E "O REINADO DE FERNANDO VII".

Téléchargez la version pour jouer sur papier

Âge recommandé: 17 ans
0 fois fait

Créé par

Spain

Top 10 résultats

Il n'y a toujours pas de résultats pour ce jeu. Soyez le premier à apparaître dans le classement! pour vous identifier.
Créez votre propre jeu gratuite à partir de notre créateur de jeu
Affrontez vos amis pour voir qui obtient le meilleur score dans ce jeu

Top Jeux

  1. temps
    but
  1. temps
    but
temps
but
temps
but
 
game-icon

CONCEPTOS SÉCULO XIX. BLOQUE 3Version en ligne

RELACIÓN DE CONCEPTOS DO TEMA " A CRISE DO ANTIGO RÉXIME" - "GUERRA DE INDEPENDENCIA" E "O REINADO DE FERNANDO VII".

par Erika Morgan
A
B
C
D
E
F
G
I
L
M
N
O
P
R
S
T
U
V
X

Comeza por A

: Cualificativo aplicado en España aos partidarios de Xosé I e da nova dinastía imposta por Napoleón Bonaparte durante a ocupación francesa (1808-1814). O termo foi utilizado despectivamente polos “patriotas” para resaltar a súa condición como colaboracionistas cos invasores.. s pensaban que o novo goberno francés era a única posibilidade de modernizar o país e introducir reformas con independencia política. Tratábase dun grupo reducido que procedía do sector culto da nobreza, burguesía, alto clero e funcionariado, é dicir, elites sociopolíticas e culturais do país. Algúns pasaron do apoio inicial ao monarca francés a un progresivo abandono por medo ás represalias populares ou polos estragos causados polas tropas francesas. Unha vez rematada a guerra e co retorno de Fernando moitosexiliáronse a Francia, mentres que os que quedaron sufrirán unha dura represión.

Contén B

Renuncias sucesivas, acontecidas na cidade francesa de Baiona en 1808, de Carlos IV e seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte, quen pouco despois cedeu eses dereitos ao seu irmán, que reinou con nome de Xosé I Bonaparte. Coa escusa de mediar nas súas disputas (o motín de Aranxuez evidenciara unha profunda crise na monarquía española) Napoléon Bonaparte logrou reunir en Baiona (Francia) os membros da familia real española. Unha vez alí Fernando VII foi obrigado a abdicar a favor do seu pai Carlos IV quen, a súa vez cedeu os dereitos a Napoleón. Estas abdicacións evidenciaron as verdadeiras intencións do emperador francés, conseguir o baleiro de poder en España.

Contén C

Sistema de voto mediante o cal só poden votar os cidadáns que paguen como imposto a Facenda unha determinada cantidade (o censo), o cal facía que só tivese dereito ao voto unha porcentaxe reducida da sociedade

Comeza por D

Individuos (elixidos por sufraxio universal masculino indirecto) representaban á poboación, ás Xuntas Provinciais, ás cidades e aos españois americanos

Comeza por E

liberais os máis novos e radicais, que querían acelerar as reformas e eran partidarios dun liberalismo máis “popu

Comeza por F

Rei que sustituíu a Carlos IV no trono

Contén G

Primeiro ministro de Carlos IV

Contén I

Guerra que se inicia en 1808 na que os españois loitan contra os franceses tras a ocupación do territorio español.

Comeza por L

É unha corrente de pensamento que defende un novo concepto de poder, sociedade e economía baseado na liberdade individual. -É a expresión ideolóxica dos intereses da burguesía (grupo hexemónico no s.XIX).

Comeza por M

Documento subscrito o 12 de abril de 1814 en Madrid por 69 deputados partidarios do Antigo Réxime, no que solicitaban a Fernando VII a abolición da Constitución de 1812 e o restablecemento do absolutismo. O nome vén do encabezamento do manifesto, que comeza: "É costume dos persas...". No manifesto alúdese ao suposto costume dos antigos persas de deixar que reine a anarquía por uns días trala morte do soberano para demostrar ao pobo a necesidade dunha autoridade forte. Os asinantes comparan esa situación coas Cortes de Cádiz e a súa obra lexislativa e constituínte, polo que reclaman a necesidade de restaurar a orde, é dicir, o absolutismo.

Comeza por N

Emperador francés que invade España durante o reinado de Carlos IV.

Contén O

Período que vai dende 1823 ata a morte de Fernando VII en 1833 no que Fernando VII establece o absolutismo.

Comeza por P

Termo que no século XIX se aplica para designar a un golpe de Estado ou alzamento militar para derrubar un goberno. Foron moi numerosos e decisivos na evolución do sistema político liberal. Poden ir acompañados ou non, de revoltas populares nas cidades. Hóuboos de distinto signo político e con pretensións diversas. Desde os que buscaban abolir o absolutismo (como o de Riego) ata os que acaban co poder dos moderados (Sarxentos da Granxa, Vicálvarada, a Gloriosa) ou os que tiñan como fin terminar co poder dos progresistas (Narváez contra Espartero).

Comeza por R

Defensores do Antigo Réxime. s realistas. Estes mostrábanse hostís ao réxime constitucional e tomaron como modelo de actuación a guerrilla. Conseguiron dominar unha franxa de territorio ao sur dos Pireneos e alí estableceron a 7 7 de Urxel. Pensaban que o rei estaba secuestrado moralmente polos liberais. De características semellantes, formáronse Xuntas como a Xunta Apostólica de Galicia

Contén S

Disposición legal a iniciativa de Carlos IV en 1789 coa que se anulaba a Lei Sálica (que apartaba as mulleres do trono) de Filipe V, pero que non será posta en vigor ata 1830 por Fernando VIIen 1830 restablecíase o dereito das mulleres na sucesión ao trono. Na práctica é o recoñecemento do dereito de Isabel, filla de Fernando VII, a sucedelo no trono. Este feito non será recoñecido por Carlos Mª Isidro, irmán de Fernando VII, e suporá o inicio dun conflito sucesorio que se materializará nas chamadas “guerras carlistas”..

Comeza por T

Período que vai dende 1820 a 1823 no que destaca o triunfo o do pronunciamento do coronel Rafael del Riego en Sevilla.

Contén U

Sistema de voto mediante o cal se e o dereito ao voto a toda poboación maior de idade con independencia do seu patrimonio

Contén V

Acordo asinado na localidade francesa de Valençay en decembro de 1813, polo que Napoleón Bonaparte, trala súa derrota na guerra da Independencia española, recoñeceu a Fernando VII como rei de España e das Indias. Ambos países devolverían as prazas e terras ocupadas durante o conflito, e Fernando VII comprometíase a respectar os dereitos dos afrancesados. As Cortes de Cádiz e o Consello de Rexencia negáronse a ratificar o tratado ata que Fernando VII xurase a Constitución de 1812. Tralo xuramento Fernando VII regresa a España, pero co respaldo dos absolutistas anula a Constitución e restablece o absolutismo.

Comeza por X

Un dos tres centros de acción desenvolvido polos patriotas durante o proceso revolucionario, xunto coas Guerrillas e as Cortes.

educaplay suscripción