PASAPALABRA 3º ESOVersion en ligne Na seguinte ruleta de palabras, debes responder cos vocábulos aos que se refiren as seguintes definicións. A ver canto lembras... par Sonia Lopez Fernandez A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Serie ordenada de letras que representan os sons dunha lingua. Comeza por B Parte ou zona situada no extremo dunha cousa ou que constitúe o seu límite con outra cousa. Comeza por C Desexo moi forte dunha cousa. Comeza por D Libro que contén palabras dunha lingua ou dunha ciencia ou materia determinada, ordenadas alfabeticamente e acompañadas dunha definición ou doutro tipo de explicación. Comeza por E Facer que unha cousa chegue a máis sitios ou a máis xente, facer que abranga máis espazo Comeza por F Adverbio de lugar. Comeza por G Conxunto de regras que se deben seguir para falar e escribir correctamente unha lingua. Comeza por H Relación entre palabras de significado diferente que coinciden na pronuncia e ou na grafía. Comeza por I Lugar que non dá acceso, ao que non se pode chegar ou no que non se pode entrar. Comeza por L Que non é amigo de traballar e que pasa o máis do tempo sen facer nada. Comeza por M Cada un dos dentes non afiados da parte posterior da boca cos que se tritura a comida. Comeza por N Que non está vestida, sen roupa. Comeza por O Recurso literario que consiste nunha palabra que se forma imitando sons reais. Comeza por P Membrana móbil que cobre e protexe a parte visible do ollo Comeza por Q Parte da cara que está entre a boca e o pescozo, especialmente a punta en que remata. Comeza por R Franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar. Comeza por S Réptil da familia dos emídidos, do que existen varias especies, que en Galicia hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive, e se alimenta de insectos, vermes e moluscos. Comeza por T Que persiste nas súas ideas ou actitudes, mesmo ante a evidencia de estar equivocado ou obrando mal. Testudo. Comeza por U Preparado líquido ou pastoso que serve para unxir ou untar a pel, en particular o que se elabora a base de ceras, resinas ou substancias graxas e se utiliza como medicamento. Untura. Comeza por V Armazón de balaústres, barras ou elementos similares que a modo de protección se coloca en balcóns, escaleiras etc. Comeza por X Mala vontade ou mala disposición do ánimo en contra de algo ou alguén. Manía, rabia. Comeza por Z Dar un ou varios golpes a unha persoa ou animal. Atizar, pegar.