Repaso de Ciencias NaturaisVersion en ligne Repaso dalgúns contidos que vimos neste curso. par Edelmiro Fernandez A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Persoa da nosa idade que botamos de menos durante este tempo que non poidemos ir ao cole Comeza por B Músculo do brazo Comeza por C Ósos do tronco situados no peito Comeza por D Están na boca e cortan e mastigan os alimentos Comeza por E Cando botamos o aire fora ao respirar, que estamos facendo? Comeza por F Grupo de alimentos ricos en vitaminas Comeza por G Un dos cinco sentidos Comeza por H Animais que se alimentan de plantas Comeza por I Obxectos que non teñen vida Comeza por L Antes de cada comida temos que ... as mans. Comeza por M Animais vertebrados que se alimenta da leite da súa nai cando aínda son crias. Comeza por N Nome dunha compañeira de 2º B Comeza por O Animais que se alimentan de plantas e carne. Comeza por P Os animais e as ... son seres vivos Contén Q Nome dun compañeiro de 2º A Comeza por R Grupo de animais vertebrados co corpo cuberto de escamas. Comeza por S Un dos estados da materia Comeza por T Parte do corpo humano ademais da cabeza e as extremidades. Contén U Tipo de planta segundo o seu talo. Comeza por V Materia transparente e dura que se fabrica con area. Contén X Para funcionar, as máquinas necesitan... Contén Z Necesitámola para mover ou deter obxectos.