CANDO VIAXEI A PORTUGAL E METÍN A ZOCA...
Algunhas das palabras que existen en galego e en portugués poden ser traicioneiras, pois non teñen nas dúas linguas o mesmo significado. Estas palabras reciben en Lingüística o nome de "falsos amigos" e o alumnado de 1º de ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón é especialista en identificalos. Por iso, no marco do Proxecto da Lusofonía do curso 2019-2020, preparáronnos este test, para que demostremos canto portugués sabemos como galegas e galegos. Seremos quen de utilizar correctamente as seguintes palabras? Probemos.
Créé par
Lingua Azul
Spain