O CORPO HUMANOVersion en ligne Imos traballar un pouquiño as partes do corpo humano. Recordádelas todas? Estou case segura de que si. A xogar!!!! par Fátima Caramés Solla 1 Como se chaman os dedos dos pés? a Dedazos b Dedas c Dediños d Dedotes 2 Placa córnea na que remata o extremo dos dedos dos vertebrados. a pelos b uña c xeonllo d queixo 3 Cal é a parte do corpo que se atopa entre o peito e a pelve? a Seo b Embigo c Ventre d van 4 Como se chaman os pelos que nacen nas pálpebras? a pestanas b cellas c bigote d cabelo 5 Cal é a articulación que une o brazo co antebrazo? a pulso b cóbado c man d palma 6 Parte superior da cara que se atopa entre as cellas e o pelo. a coxa b fronte c caluga d pescozo 7 Parte do corpo que une o antebrazo coa man a pulso b cóbado c ombro d deda 8 Parte posterior do corpo que vai dende o pescozo ata as nádegas. a coxa b caluga c abdome d lombo 9 Órgano principal da dixestión: a útero b fígado c páncreas d estómago 10 Parte posterior do corpo humano que vai dende o lombo ata as coxas. a ombreiro b caluga c pernas d cu 11 Como se chaman cada unha das partes que forman o esqueleto do ser humano? a óso b cartílago c pel d estómago 12 Como se chama a parte externa do oído? a nariz b dente c orella d boca 13 Como se chama a drobez que está entre o óso fémur e a tibia a xeonllo b nocello c cóbado d pulso 14 Como se chama o dedo pequeno da man? a maimiño b anular c índice d pulgar 15 Parte posterior do pescozo onde comeza a cabeza a pelo b orella c peito d caluga 16 Conduto polo que circula o sangue a corazón b pel c pulmón d vea 17 Cicatriz que temos no medio do ventre como resto do cordón umbilical. a embigo b peito c lombo d apéndice 18 Como se chama a pel que cubre e protexe o ollo? a cellas b pestanas c pálpebras d nariz 19 Parte da cara que está entre a boca e o pescozo, especialmente a punta en que termina. a fazulas b ollos c pulso d queixo 20 Como se chama o punto onde o brazo se articula coa man? a nocello b xeonllo c cóbado d pulso