Manipulación xenéticaVersion en ligne T8 Información e manipulación xenética Bioloxía 4ª ESO par Teba Barrio 1 Os xenes son en realidade: a Os plásmidos bacterianos. b Fragmentos de ADN. c Fragmentos de ARN. d Células hereditarias. 2 Que determina as características dos seres vivos? a As proteínas. b As vitaminas. c Os nucleótidos. d Os cromosomas. 3 Onde se encontra o ADN nas células eucariotas: a Envolvendo o núcleo das células. b No retículo endoplasmático rugoso. c Nos cromosomas do núcleo das células. d No citoplasma celular. 4 As mutacións: a Poden producirse espontaneamente na natureza. b Son cambios producidos nos organismos pola intervención dos investigadores. c Nunca afectan as características dos organismos. d Sempre causan danos aos organismos. 5 Na replicación do ADN: a Cada molécula de ADN produce catro iguais ca ela. b Fronte a unha molécula de adenina colócase outra de citosina. c Fronte a unha molécula de timina colócase outra de guanina. d Fronte a unha molécula de citosina colócase outra de guanina. 6 O ADN ou ácido desoxirribonucleico: a Está formado por unha dobre hélice constituída por dúas cadeas paralelas. b A súa estrutura foi establecida en 1953 por Rosalind Franklin. c As cadeas mantéñense unidas mediante pontes de hidróxeno. d As súas bases nitroxenadas son: A, G, C e U. 7 O ADN recombinante: a Está formado pola unión de fragmentos de ADN de diferentes organismos. b É o resultado dunha ou máis mutacións. c Está formado por un fragmento de ADN e outro de ARN. d É necesario para a clonación reprodutiva. 8 Os enzimas de restrición: a Permiten unir fragmentos de ADN de diferente procedencia. b Interveñen na reacción en cadea da polimerase. c Permiten clonar fragmentos de ADN sen célula, directamente nun tubo de ensaio. d Son capaces de cortar o ADN en puntos específicos.