GalegoVersion en ligne Contesta correctamente ás cuestións. par Blanca . 1 A palabra "el" é un pronome persoal tónico? a Si. b Non, é un artigo c Non porque é átono. d Non, porque é un posesivo 2 A palabra "traxe" é masculina en galego? a Non, é feminina porque remata en -axe. b Si, porque é unha excepción. c Non é nin masculina nin feminina. d Unhas veces é masculina e outras feminina. 3 O feminino de compostelán é... a Compostelana b Compostelá c Compostelá d Compostelaña 4 A palabra "viaxe" é... a Masculina, pois remata en -axe b Feminina, pois remata en -axe c Masculina, pois é unha excepción. d Depende. 5 A palabra "dolmen" leva til? a Si, porque é aguda rematada en -n b Non, porque é grave rematada en -n c Si, porque é esdrúxula d Non, porque é aguda rematada en -n 6 É correcto escribir en galego "vran"? a Si b Non, a correcta é verano. c Non, a correcta é verán. d Depende. 7 O plural de "pub" é... a Pubes b Pubs c Pubis d Pubss 8 A palabra "fermosura" é... a Un nome abstracto b Un nome feminino c Unha palabra grave d Todas as opcións son correctas. 9 O plural de "xirasol" é... a Xirasois b Xirasoles c Xirasós d Xirassoles 10 A palabra "orfo" é correcta? a Non, a correcta é horfo. b Non, a correcta é huérfano. c Si. Explicación 1 Si, en galego non leva til, escríbese : el 2 Si, é unha excepción, escríbese o traxe. 3 A correcta é compostelá 4 Feminina, como a maioría das palabras rematadas en -axe. 5 Non, é grave e remata en -n 6 Non, é un vulgarismo, a correcta é verán. 7 Pubs, porque é un estranxeirismo. 8 Todas son correctas: nome abstracto, feminino e grave. 9 Xirasoles, porque xirasol é unha palabra composta que contén un monosílabo: sol e fai o plural engadíndolle -es 10 A correcta en galego é orfo, sen h-