LABRADOR
¿Este que estará facendo?
PORTOGUEZ
Que ninhun galego venha!
Não me espanto que asi seja,
porque logo que me veja
de medo quedará morto.
LABRADOR
Está resmusmuniñando
ou debe de estar raçando
alá por seu avó torto.
Mais pouco e pouco me chego.
Llégase
Beijo as mans de vosastede.
¿Como está vosa mercede?
¿Ten saúde?
LABRADOR
¿E que hai? ¿Como lle vai
tan cedo á beira do rio?
¿Seica vén toma-lo frio
alor da calor que vai?
PORTOGUEZ
Eu venho, sabeis a que?
A dar-vos muto e do pau
LABRADOR
Forca, ira de callau,
ende iso, señor, ¿por que?
LABRADOR
¿E non hai máis
de porque quero? Pardiós,
que che han de salta-las moos
fóra da boca cos ais.
PORTOGUEZ
Aparte
Un tris não me falta ja
pera rachar-lle a cabesa
LABRADOR
Aparte
Ó cabo desta simpresa
pedras e paus haberá.
PORTOGUEZ
Aparte
Ora bein, eu o embaso,
e venha todo Caldelas.
Que cuteladas tão belas!
LABRADOR
Aparte
¡Desalmado garrotaço
lle hei de dar, Anjo da Garda!
Aparte
Eu so, como ven, un tolo
e unha besta, con perdón;
mais vindo o meu rebentón
se me lateja o miolo.
PORTOGUEZ
Quero-vos decer, Roleiro,
que a pesca de Portugal
sempre há-de ter más cadal
LABRADOR
¡Iso non, meu pegoreiro!
¿Quen viu nunca en sacolorio
unha cousa coma essa?
PORTOGUEZ
¡Eu, que che racho a cabesa!