2ºESO - Vocabulario U. 7 e 8 (Anaya)Version en ligne Vocabulario U. 7 e 8 (Anaya) Medios de trasporte e seres míticos par Ismael Abreu Alonso A B C E F H I L M N O P R S T U V Contén A Demo lambón que anda pola casa cambiando as cousas de sitio ou lavando o cu no leite. Contén B Ser que ten poder para provocar a treboada, a sarabia, o lóstrego e, en xeral, os fenómenos meteorolóxicos. Comeza por C Embarcación de vela ou de motor formada por dous cascos laterais unidos a unha plataforma. Contén E Vehículo de tracción eléctrica para o transporte público de viaxeiros que toma a corrente dunha liña aérea por medio dun trole dobre. Comeza por F Tren que funciona arrastrado por un cable ou por unha cadea, utilizado en zonas de montaña Comeza por H Aparello voador que se despraza no aire grazas a unha grande hélice colocada horizontalmente. Contén I Vehículo de dúas rodas que se fai avanzar impulsando cos pés un mecanismo composto por dous pedais, unha cadea e un piñón. Comeza por L Home que segundo as crenzas populares se converte en lobo. Comeza por M Meiga nocturna que entra nas casas para zugar o sangue dos nenos ou dos maiores, polo que van mirrando e enfraquecendo ata morrer. Contén N Xigante que engole os nenos que non dormen ou que se portan mal. Comeza por O Xigante antropófago cun só ollo na fronte que vive nas montañas de Lugo e Ourense. Comeza por P Paracaídas rectangular que se emprega para descender por unha pendente. Contén R Ser pequeno e pesado, responsable dos pesadelos, que provoca ao sentar enriba do peito do que está a durmir. Comeza por S Un dos nomes que se lles dá ás mouras, donas e damas encantadas. Comeza por T Vehículo para transporte de viaxeiros polo interior das poboacións, que se despraza sobre raís e se move mediante electricidade. Contén U Monstro coa cabeza de muller e o corpo de dragón que engaoila as súas vítimas e lles chucha o sangue. Contén V Vehículo ou remolque equipado como unha pequena vivenda.