“Sen Piedade” de Pedro FeijooVersion en ligne Un cuestionario sobre a novela de ficción “Sen Piedade” escrita polo músico e escritor vigués Pedro Feijoo. par Claudia Cancela 1 Nome do protagonista a Luís b Tomás c Gordo d Teodoro 2 Lugar onde residía Gordo e Teo, antes de marchar este a Boston a Gondomar b Santiago c Bouzas d Vigo 3 Como se chamaba a exnoiva de Teo e quen a asasinou a Chamábase María. Matouna Tuco Mendoza nun almacén de recheo no porto de Bouzas e tras roubarlle Gordo dous quilos de cocaína. b Chamábase Alba. Matouna Gordo sin querer ao intentar agarrala e que esta saise despedida crebando a caluga contra o metal da mesa do taller. c Chamábase Alba. Matouna Teo tras decirlle esta que non quería nada con el cando el viaxara dende outro continente para vela e deixara os seus exames sen facer. 4 Profesión do pai do protagonista a Médico, era o xefe de neurocirurxía no Clínico. b Narcotraficante, traballaba con Tuco Mendoza c Mecánico, era o dono do taller onde traballaba Gordo. 5 En que coche ían de festa Gordo e Teo a Santiago? A quen o colleran? a Foron nun Dodge Charger. Colléronllo ao pai de Teo. b Foran nun Dodge Charger. Colléronllo a Tuco Mendoza. c Foron nun Dodge Charger. Colléronllo a Luís. 6 Que enfermidade tiña o pai de Gordo? a Tiña cancro de tripas. b Tiña cancro no esófago. c Tiña cancro no pulmón. 7 Onde bicara Alba ao protagonista por primeira vez? a Bicárao nunha praia a noite que fixeran unha fogueira e unha festa nesta. b Bicárao vendo o solpor no porto de Gondomar. Levaban meses sendo amigos. c Bicárao nunha festa na casa de Teo. Estaba a comezar o verán. 8 Onde vivían o pai e a irmá do Gordo? a O pai vivía na casa que herdara da súa familia en Peiteiros. María vivía con Gordo. b O seu pai vivía na casa que herdara da súa familia localizada en Peiteiros. María vivía coa avoa do Gordo. c Gordo, a súa irmá e o seu pai vivían xuntos tras a morte de Amparo, a nai de Gordo. 9 Nomes e rasgos físicos característicos dos homes de Tuco que foran a buscar tanto a Teo como a Gordo a Santiago. a Estes eran Johnny Yen e Fernando Peras. Johnny era alto, fraco e tiña unha cicatriz que lle atravesaba a metade esquerda da cara. Peras era un tipo baixiño, forte, coa cabeza rapada e unha especie de tatuaxe en forma de bágoa a carón do ollo esquerdo. b Estes eran Johnny Yen e Blanco. Johnny era alto, fraco e tiña unha cicatriz que lle atravesaba a metade esquerda da cara. Peras era un tipo baixiño, forte, coa cabeza rapada e unha especie de tatuaxe en forma de bágoa a carón do ollo esquerdo. c Estes eran Johnny Yen e Fernando Peras. Johnny era un tipo baixiño, forte, coa cabeza rapada e unha especie de tatuaxe en forma de bágoa a carón do ollo esquerdo. Peras era alto, fraco e tiña unha cicatriz que lle atravesaba a metade esquerda da cara. 10 Quen finxiu ser o irmán de Teo e Gordo para sacalos do bar de copas do Ensanche? a Tuco b Bosco c Johnny Yen d Peras 11 Cal era o nome do bar de copas onde se pelexaron Teo e Gordo? Que empregado de alí coñecía Johnny Yen? a O nome do bar de copas era “Nao Berlín”. Johnny coñecía ao porteiro dese local. b O nome do bar de copas era “Conga 7”. Johnny coñecía ao porteiro dese local. c O nome do bar de copas era “Boom”. Johnny coñecía ao camareiro dese local. 12 Como convenceron os esbirros de Tuco Mendoza a Gordo e a Teo para que marcharan con eles no coche cara Vigo? a Ameazándoos cunha pistola. b Asegurándolles que os entregarían á policía. c Enseñándolles un vídeo no que se veía á irmá de Gordo golpeada. Esta atopábase sentada sobre unha vella cadeira de rodas, espida e inmóbil coa cabeza caída sobre o peito. 13 Que saía na foto que colgara Alba no Instagram e que vira Teo? a Era unha foto do solpor. b Era unha foto dunha praia baleira. c Era unha foto dela cun grupo de festa. 14 Que saía na foto que colgara Teo no Instagram? Que elemento decorativo intentou empregar como pista para recoñecer o local? a Unha imaxe de dous rapaces en primeiro termo diante dun pequeno grupo de xente, todos moi apertados. Un ollo de boi. b Unha foto na que sae Teo cunha rapaza italiana. Un ollo de vaca. c Unha foto de Teo con Peras. Un ollo de boi 15 Nome da nai de Gordo a Amparo b María c Laura 16 Que lle confesou Tuco a Teo no barco? Que lle dixo Gordo tras iso? a Tuco confesoulle que Gordo matara a Alba. Gordo afirmoulle a Teo que Alba estaba embarazada e que a asasinou por celos, xa que, tras estar Gordo e Alba xuntos esta quería volver con Teo ao enterarse da súa volta. b Tuco confesoulle a Teo que Gordo matara a Alba. Gordo afirmoulle a Teo que fora sin querer. Tamén lle dixo que eles dous estiveron xuntos, que Alba estivera embaraza de Teo pero que abortara e que a viaxe a Santiago era unha viaxe de despedida. c Gordo confesoulle a Teo que el matara a Alba e Gordo afirmoulle a este tamén que fora o cómplice de Tuco. 17 Quen morreu no barco ao final? a Morreu Teo tras ser disparado por Tuco. Este disparounno cunha pistola que gardaba na súa chaqueta. b Morreu Gordo tras ser disparado por Teo. Este disparounno tras enterarse de que asasinara a Alba e de que estivera con ela. c Morreron Gordo e Tuco. Os dous disparáronse mutuamente. Gordo botouse contra Teo para salvar a vida do seu mellor amigo. Tuco aproveitou que baixaran a garda para disparar pero Gordo era desconfiado por natureza e aprendera que sempre e mellor durmir cun ollo aberto. 18 Por que Gordo botou da súa casa ao seu pai? a Botouno por intentar este violar a súa irmá un día que se atopaba bébedo. b Botouno tras pegar este a súa nai. c Botouno tras pegar este a Gordo despois dunha discusión. 19 Que fixo Gordo tras a morte de Alba? a Desfíxose do corpo desta deixándoo nun predio. b Chamou á ambulancia. c Desfíxose do corpo desta deixándoo nun depósito de aceite. 20 Que pasou ao final da historia tras ser Teo atopado co corpo do seu amigo entre os brazos? a Teo foi ao cárcere por roubar o coche e por ser acusado de asasinar a Alba. b Teo demostrou a súa inocencia respecto á morte de Alba e María foi atopada. c Teo demostrou a súa inocencia respecto á morte de Alba pero María nunca foi atopada.