A Alcaldesa VermellaVersion en ligne Definicións par educacion primaria A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Calquera planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura. Comeza por B Muller mala, que causa dano ou provoca conflitos de maneira intencionada. Comeza por C Institución educativa, pública ou privada, de ensino infantil, primario ou secundario. Comeza por D Sen o calzado posto. Comeza por E Superficie que reflicte as imaxes, particularmente, a feita cunha placa de vidro cuberta pola parte posterior cunha mestura de mercurio e estaño. Comeza por F Muller imaxinaria á que se lle atribúen poderes extraordinarios. Comeza por G Personaxe máis pequeno do conto Comeza por H Establecemento que está preparado para dar aloxamento e comida a un número elevado de persoas e a un prezo estipulado. Comeza por I Representación mental de algo ou de alguén. Comeza por L Aparello que serve de soporte a unha ou máis luces artificiais. Comeza por M Edificio onde se gardan e se expoñen ao público coleccións de obxectos que presentan un interese histórico, artístico, técnico etc. Comeza por N Adverbio de negación Comeza por O Lugar xeralmente aberto ao público, onde se realizan os traballos de administración e burocracia dunha empresa ou institución. Comeza por P Estanque artificial de auga onde se pode un bañar, nadar ou practicar outros deportes acuáticos. Comeza por Q Ter gana, vontade ou intención de facer ou obter unha cousa. Comeza por R Nota onde se indican os ingredientes que entran na elaboración dun medicamento ou dun prato de cociña e a maneira de preparalo. Comeza por S Serie de sete días consecutivos. Comeza por T Edificio ou local destinado á representación de obras dramáticas. Comeza por U Animal fabuloso con corpo de cabalo e un corno recto no medio da testa. Comeza por V Acción e efecto de votar. Comeza por X Ser con poderes máxicos que protexe certos lugares nos que vive, acompaña o home e inflúe no seu destino etc. Comeza por Z Calzado de tea, feltro ou doutro material brando, que se emprega para andar pola casa.