Repaso Lingua Galega 1ºT 3ºESOVersion en ligne Con esta ruleta de palabras repasarás os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre. ¡Ánimo que ídelo facer xenial! par IES As Bizocas A B C D E F G H I K L M N O P Q R S T U V X Z Empieza por A As palabras ... son as que teñen a sílaba tónica en último lugar e levan acento cando rematan en -n, -s, vogal ou -ns. Contiene la B As palabras ... son aquelas que varían en xénero e número. Empieza por C Chámase ditongo ... ao que está formado por unha vogal pechada seguida doutra aberta. Empieza por D O acento... emprégase para diferenciar dúas palabras que son iguais, pero teñen un significado diferente. Empieza por E As palabras ... son as que teñen a sílaba tónica en antepenúltimo lugar e sempre levan acento. Contiene la F O acento ... é o que se usa para sinalar a sílaba tónica dunha palabra. Empieza por G As palabras ... son aquelas que teñen a sílaba tónica no penúltimo lugar e levan acento cando NON rematan en -n, -s, vogal ou -ns. Empieza por H Os ditongos ... son aqueles que están formados por dúas vogais pechadas. Contiene la I A aparición de dúas vogais seguidas nunha palabra que se escriben e pronuncian en sílabas diferentes chámase... Empieza por K Palabra grave con hiato, non leva acento, é un animal mamífero de cor gris que vive en Australia e aliméntase de eucaliptos. Empieza por L Chámanse ... a aquelas palabras que acollemos do latín e mantemos a súa forma (sen traducir ao galego). Empieza por M As linguas que son faladas por un número reducido de persoas chámanse linguas... Contiene la N As linguas... son aquelas que, ao convivir con outra lingua, vén reducido o seu prestixio social e usos limitados a contextos informais. Empieza por O A lingua que representa oficialmente a un país chámase lingua... Empieza por P O ... é un fenómeno que aparece cando unha persoa é capaz de falar ou dominar dúas ou máis linguas Empieza por Q Os dígrafos son a unión de dúas letras para formar unha soa, como por exemplo o dígrafo ll, o dígrafo ch ou o dígrafo... Empieza por R O galego é unha lingua ... porque procede do latín. Contiene la S A ... é o conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués. Empieza por T A unión de tres vogais que se pronuncian e escriben na mesma sílaba chámase... Empieza por U O ditongo é a ... de dúas vogais que se pronuncian e se escriben na mesma sílaba. Empieza por V Os ... son palabras variables que indican accións. Contiene la X As linguas ... son aquelas que teñen un gran prestixio social e recoñecemento oficial e úsanse en medios de comunicación, na administración ou no ensino. Contiene la Z Palabra con ditongo homoxéneo que representa a cor do mar, do ceo... (en plural).