Connectez-vous
Créer jeu
Types de jeux
Centre d'aide
Game Pin
News
Premium
Créer jeu
Connectez-vous
Tous les jeux
Jouer Test
Imprimer Test
Manipulación xenética
Autor :
Teba Barrio
1.
Os xenes son en realidade:
A.
Os plásmidos bacterianos.
B.
Fragmentos de ADN.
C.
Fragmentos de ARN.
D.
Células hereditarias.
2.
Que determina as características dos seres vivos?
A.
As proteínas.
B.
As vitaminas.
C.
Os nucleótidos.
D.
Os cromosomas.
3.
Onde se encontra o ADN nas células eucariotas:
A.
Envolvendo o núcleo das células.
B.
No retículo endoplasmático rugoso.
C.
Nos cromosomas do núcleo das células.
D.
No citoplasma celular.
4.
As mutacións:
A.
Poden producirse espontaneamente na natureza.
B.
Son cambios producidos nos organismos pola intervención dos investigadores.
C.
Nunca afectan as características dos organismos.
D.
Sempre causan danos aos organismos.
5.
Na replicación do ADN:
A.
Cada molécula de ADN produce catro iguais ca ela.
B.
Fronte a unha molécula de adenina colócase outra de citosina.
C.
Fronte a unha molécula de timina colócase outra de guanina.
D.
Fronte a unha molécula de citosina colócase outra de guanina.
6.
O ADN ou ácido desoxirribonucleico:
A.
Está formado por unha dobre hélice constituída por dúas cadeas paralelas.
B.
A súa estrutura foi establecida en 1953 por Rosalind Franklin.
C.
As cadeas mantéñense unidas mediante pontes de hidróxeno.
D.
As súas bases nitroxenadas son: A, G, C e U.
7.
O ADN recombinante:
A.
Está formado pola unión de fragmentos de ADN de diferentes organismos.
B.
É o resultado dunha ou máis mutacións.
C.
Está formado por un fragmento de ADN e outro de ARN.
D.
É necesario para a clonación reprodutiva.
8.
Os enzimas de restrición:
A.
Permiten unir fragmentos de ADN de diferente procedencia.
B.
Interveñen na reacción en cadea da polimerase.
C.
Permiten clonar fragmentos de ADN sen célula, directamente nun tubo de ensaio.
D.
Son capaces de cortar o ADN en puntos específicos.