Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
Personaxe do Nadal que leva castañas aos nenos. Vive no Courel e leva unha boina e barba.
Comeza por  
B
Seres fantásticos que os nenos van cazar ao monte cos maiores. En realidade é un engano para rirse dos máis novos
Comeza por  
C
Procesión de mortos que saen ás noites polos camiños e poden levar a un vivo se se atopa con eles.
Comeza por  
D
Nome do maligno, señor do inferno e príncipe das trebas, sempre preparado para tentar as persoas e roubarlles a alma.
Comeza por  
E
Feitizo que sofren as mouras que están atrapadas nas mámoas, petróglifos ou castros
Comeza por  
F
Criatura fantástica e sutil que se representa xeralmente en forma de muller fermosa con ás de bolboreta.
Comeza por  
G
Figura mitolóxica que fai mexar aos nenos na cama. Ten forma de gato branco cun corno mouro na cabeza.
Comeza por  
H
Persoa que ten unha maldición pola que se converte nunha besta salvaxe nas noites de luar.
Contén  
I
Muller que fai meigallos e domina a maxia
Comeza por  
L
Espírito maligno que habita os ríos e fontes, onde está lavando roupa chea de sangue
Comeza por  
M
Seres misteriosos con poderes máxicos e tesouros que habitan nas mámoas, petróglifos e castros
Comeza por  
N
O Nubeiro é unha personaxe da mitoloxía galega de aspecto forte e grande, vestido con peles negras, capaz de provocar tormentas e dirixir os raios á vontade.
Comeza por  
O
Xigante caníbal que ten un so ollo no medio da fronte.
Comeza por  
P
Mítica bandoleira, xefa dunha banda de ladróns e que tiña o alcume dun animal salvaxe
Comeza por  
Q
Bebida que se prepara queimando augardente nunha pota de barro e recitando un esconxuro para espantar aos malos espíritos
Comeza por  
R
Raíña mítica que se convertiu ao Cristianismo tras a chegada dos restos do apóstolo Santiago
Comeza por  
S
Personaxe malvado que lle tira as graxas aos nenos para facer medicamentos con eles
Comeza por  
T
Especie de duende que vive nas casas e se dedica a facer pequenas travesuras: romper a vaixela, trocar o sal polo azucre,etc.
Comeza por  
U
Monstro con forma de can, de cor negra,, con cornos e grandes orellas, que sae do mar arrastrando cadeas
Contén  
V
Persoa coa capacidade para ver os difuntos e espíritos
Comeza por  
X
Seres que habitan os ríos, co corpo metade humano e metade peixes
Comeza por  
Z
Trasno moi gordo que lle gusta comer ou zampar