Créer jeu
Jouer Test
1. 
Cal das seguintes consoantes non pode ir nunca seguida das vogais "e" ou "i"?
A.
z
B.
c
C.
x
2. 
En cal destas palabras a letra "r" non soa forte?
A.
ruído
B.
cara
C.
carro
3. 
Que son as palabras antónimas?
A.
Palabras diferentes que teñen o mesmo significado
B.
Palabras que teñen varios significados diferentes
C.
Palabras que teñen un significado contrario
4. 
Como se chaman as palabras que teñen máis de tres sílabas?
A.
Bisílabas
B.
Polisílabas
C.
Trisílabas
5. 
"Caixa" é unha palabra...
A.
Monosílaba
B.
Trisílaba
C.
Bisílaba
6. 
"Día" é unha palabra...
A.
Bisílaba
B.
Monosílaba
C.
Trisílaba
7. 
Que son as palabras sinónimas?
A.
Palabras que teñen un significado contrario
B.
Palabras diferentes que teñen o mesmo significado
C.
Palabras que teñen varios significados diferentes
8. 
Cal destes obxectos non está na cociña?
A.
Tixola
B.
Lámpada
C.
Xerra
9. 
Cal dos seguintes substantivos non é colectivo?
A.
Vaixela
B.
Taza
C.
Enxame
10. 
Rabaño é o substantivo colectivo de...
A.
Prato
B.
Ovella
C.
Persoa
11. 
Cal destas oracións é correcta?
A.
Aí está meu irmán
B.
Hai está meu irmán
C.
Ai está meu irmán
12. 
Cal destas oracións é correcta?
A.
Haber se chegas puntual a clase
B.
A ver se chegas puntual a clase
C.
Haver se chegas puntual a clase
13. 
Cal destas palabras é polisémica?
A.
Neno
B.
Libro
C.
Planta
14. 
A palabra "cativo" é sinónima de...
A.
Forte
B.
Feliz
C.
Pequeno
15. 
O plural correcto de "caracol" é...
A.
Caracois
B.
Caracoles
16. 
O feminino correcto da palabra "rei" é...
A.
Reina
B.
Raíña
17. 
O feminino correcto de "león" é...
A.
Leona
B.
Leoa
18. 
Lamine é un nome...
A.
Común
B.
Propio
C.
Colectivo
19. 
O masculino de "egua" é...
A.
can
B.
gato
C.
cabalo
20. 
O plural da palabra "sol" é...
A.
Sois
B.
Soles