Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
Interxección coa que comeza un dos versos máis populares de Rosalía.
Comeza por  
B
Acto de confraternización, celebrado o 2 de marzo de 1856, co gallo do décimo aniversario dos Mártires de Carral, ao que asistiron Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane e, tal vez, a nosa Rosalia.
Comeza por  
C
Concello natal da poeta que, en 1925, se fusiona co veciño de Santiago de Compostela
Comeza por  
D
Día do mes de maio de 1863, que figura na dedicatoria de 'Cantares Gallegos' e que, cen anos despois, se institucionaliza como o Día das Letras Galegas.
Comeza por  
E
Nome da destinataria de 'Las Literatas. Carta a...'
Comeza por  
F
Título completo do poemario que consagra a Rosalía como poeta galega
Comeza por  
G
Nome da filla, nada en 1871, que é xemelga de Ovidio.
Comeza por  
H
Nome que recibe, hoxe, o daquela Grande Hospital Real de Santiago, en cuxa capela foi bautizada.
Comeza por  
I
Parroquia padronesa, onde está o cemiterio de Adina, nel estivo soterrada Rosalía de 1885 a 1891, en que foi trasladada ao Panteón de Galegas Ilustres, sito no Convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago
Comeza por  
L
Título do seu primeiro libro, publicado en Madrid, en 1857 no xornal La Iberia.
Comeza por  
M
O substantivo, feminino plural, que falta nesta coñecida frase de 'La hija del mar' (1859): Porque todavía no les es permitido a las .............. escribir lo que sienten y lo que saben.
Comeza por  
N
Verbo do que lle acontece a Rosalía o 24 de febreiro de 1837.
Comeza por  
O
Orela, beira, bordo, marxe, ourela, traducido ao castelán e en plural, que leva o título da súa derradeira obra, publicada en 1884.
Comeza por  
P
Concello coruñés, onde morre o 15 de xullo de 1885.
Comeza por  
Q
Día do mes de novembro de 1947 en que se funda o Padroado Rosalía de Castro, no Hotel Compostela de Santiago.
Comeza por  
R
Título da novela, publicada por entregas en El Museo Universal (Madrid, 1866), protagonizada por tres personaxes situadas arredor de dous mundos sociais en conflito.
Comeza por  
S
Cidade da que é nomeado director so seu Arquivo o marido de Rosalía (de 1868-70)
Comeza por  
T
Nome da nai.
Contén  
U
Marido de Rosalía de Castro desde 1858 e falecido en 1923.
Comeza por  
V
Segundo apelido da familia paterna
Contén  
X
Nome co que se coñece a recuperación literaria, cultural, política e histórica de Galicia, no século XIX.
Comeza por  
Z
Has de cantar, / que che hei de dar ..............; / has de cantar, / que che hei de dar moitos, dille Rosalía á meniña gaiteira no comezo de 'Cantares Gallegos'.