Icon Créer jeu Créer jeu
Jouer Test
  • 1. 
    Elixe a definición correcta de entrevista
    A.
    É un texto xornalístico no que o autor realiza preguntas a un personaxe destacado, coa finalidade de obter información sobre un tema.
    B.
    É un texto xornalístico no que o autor dá a súa opinión sobre un tema de actualidade, sempre vai asinado pola persoa que o escribe.
    C.
    É un texto xornalístico no que o autor conta uns feitos recentes, pode ir asinado pola persoa que o escribe ou pola redacción do xornal.
    2. 
    Sinala cal dos seguintes apartados fai referencia ás partes que podemos atopar nunha entrevista.
    A.
    Introdución – Nó – Desenlace
    B.
    O titular – O subtitular – A entrada – O corpo – O pé de foto
    C.
    O título – A introdución – O corpo – O peche
    3. 
    Elixe a modalidade que creas correcta para esta oración: "Hoxe non souben a lección."
    A.
    Dubitativa
    B.
    Enunciativa
    C.
    Exhortativa
    4. 
    Elixe a modalidade que creas correcta para esta oración: "Talvez me vaia de vacacións este Nadal."
    A.
    Desiderativa
    B.
    Dubitativa
    C.
    Enunciativa
    5. 
    Elixe a modalidade que creas correcta para esta oración: "Preguntoume a que hora comeriamos."
    A.
    Enunciativa
    B.
    Desiderativa
    C.
    Interrogativa
    6. 
    Elixe a modalidade que creas correcta para esta oración: "Que teñas boa viaxe."
    A.
    Exhortativa
    B.
    Desiderativa
    C.
    Dubitativa
    7. 
    Elixe a modalidade que creas correcta para esta oración: "Farás o que se che di, e non hai máis que falar."
    A.
    Exhortativa
    B.
    Desiderativa
    C.
    Enunciativa
    8. 
    Elixe a modalidade que creas correcta para esta oración: "Que alegría que esteas por aquí!"
    A.
    Exhortativa
    B.
    Interrogativa
    C.
    Exclamativa
    9. 
    Que é un "enunciado"?
    A.
    É unha palabra, ou un conxunto de palabras, que funciona de maneira autónoma e ten sentido completo.
    B.
    É unha palabra, ou un conxunto de palabras con sentido completo, que non presenta ningunha forma verbal.
    C.
    É unha palabra, ou un conxunto de palabras con sentido completo, no que aparece, cando menos, unha forma verbal.
    10. 
    Que é unha "frase" ?

    11. 
    Que é unha "oración" ?

    12. 
    PREPARAR UNHA ENTREVISTA Cando preparamos unha entrevista, debemos de buscar información sobre o personaxe que imos entrevistar.
    A.
    Verdadeiro
    B.
    Falso
    13. 
    PREPARAR UNHA ENTREVISTA Non é necesario escribir un guión, xa que se o fixésemos, perderíase a espontaneidade e naturalidade da entrevista.
    A.
    Verdadeiro
    B.
    Falso
    14. 
    PREPARAR UNHA ENTREVISTA Cando organicemos a entrevista, debemos marcar un día e unha hora, quedar co entrevistado nun lugar cómodo e tranquilo e asegurarnos de que levamos todo o material necesario.
    A.
    Falso
    B.
    Verdadeiro
    15. 
    PREPARAR UNHA ENTREVISTA Cando, ao finalizar, escribamos a nosa entrevista, podemos transcribir as respostas do entrevistado coas nosas palabras, cambiando as expresións cando consideremos o oportuno.
    A.
    falso
    B.
    Verdadeiro
    16. 
    ESTE ENUNCIADO É... "Parabéns!"
    A.
    Frase
    B.
    Oración
    C.
    Ningunha das outras opcións
    17. 
    ESTE ENUNCIADO É... "Sentímolo"
    A.
    Oración
    B.
    Frase
    C.
    Ningunha das outras opcións
    18. 
    ESTE ENUNCIADO É... "Un home moi vello"
    A.
    Oración
    B.
    Frase
    C.
    Ningunha das outras opcións
    19. 
    ESTE ENUNCIADO É... "Unha pintura, xenial!"
    A.
    Oración
    B.
    Frase
    C.
    Ningunha das outras opcións
    20. 
    ESTE ENUNCIADO É... "Estás só?"
    A.
    Frase
    B.
    Oración
    C.
    Ningunha das outras opcións
    21. 
    ESTE ENUNCIADO É... "Choveu todo o día"
    A.
    Oración
    B.
    Frase
    C.
    Ningunha das outras opcións
    22. 
    ESTE ENUNCIADO É... "Xa vou!"
    A.
    Frase
    B.
    Oración
    C.
    Ningunha das outras opcións
    23. 
    Observa a oración que aparece na imaxe, di se o que aparece destacado é o suxeito ou non.
    A.
    É o suxeito
    B.
    Non é o suxeito
    24. 
    Observa a oración que aparece na imaxe, di se o que aparece destacado é o suxeito ou non.
    A.
    Non é suxeito
    B.
    É o suxeito
    25. 
    Observa a oración que aparece na imaxe, di se o que aparece destacado é o suxeito ou non.
    A.
    É o suxeito
    B.
    Non é o suxeito
    26. 
    Observa a oración que aparece na imaxe, di se o que aparece destacado é o suxeito ou non.
    A.
    É o suxeito
    B.
    Non é o suxeito
    27. 
    Observa a oración que aparece na imaxe, di se o que aparece destacado é o predicado ou non.
    A.
    É o predicado
    B.
    Non é predicado
    28. 
    Observa a oración que aparece na imaxe, di se o que aparece destacado é o predicado ou non.
    A.
    É o predicado
    B.
    Non é predicado
    29. 
    Observa a oración que aparece na imaxe, di se o que aparece destacado é o predicado ou non.
    A.
    É o predicado
    B.
    Non é predicado
    30. 
    Observa a oración que aparece na imaxe, di se o que aparece destacado é o predicado ou non.
    A.
    Non é o predicado
    B.
    É o predicado