Factores de risco laboral
Prevención de riscos laborais
Dano laboral
Risco laboral
Condición de traballo
Saúde laboral
Son situacións ou condicións de traballo non axeitadas que poden provocar a aparición de riscos laborais. Clasifícanse en 4 grandes grupos
Calquera enfermidade, patoloxía ou lesión que poida sufrir unha persoa traballadora no exercicio das súas funcións
É o estado de benestar físico, mental ou psíquico e social completo e non só a ausencia de dano ou enfermidade. (Segundo a definición da Organización Mundial da Saúde).
É a posibilidade que ten unha persoa traballadora de sufrir algún dano na saúde derivado das condicións de traballo.
Calquera situación que se da no entorno laboral que pode influír na aparición de riscos para a seguridade e saúde da persoa traballadora; algunhas desas poden ser as características dos locais de traballo e das máquinas e ferramentas, os axentes físicos, químicos e biolóxicos presentes, os procedementos de traballo ou a propia organización do traballo
É o conxunto de medidas que se toman para evitar ou diminuír os riscos laborais na empresa e lograr mellores condicións de traballo para as persoas traballadoras