Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Empieza por  
A
Primeiro apelido da muller que dirixe a Escola Galega de Paisaxe da Fundación Juana de Vega e é unha figura de referencia no paisaxismo galego?
Empieza por  
B
Nome dunha astrofísica galega nada en Vigo en 1963, especializada no estudo das curvas de rotación das galaxias espirais e na actividade nuclear galáctica a partir de datos ópticos e de radio. Traballa no novo gran telescopio que explorará o espazo, o James Webb da NASA. Merecedora do Premio María Josefa Wonenburger en 2017
Empieza por  
C
Como se chama o primeiro conversor texto-voz bilingüe en galego e castelán desenvolto por Carmen García Mateo en colaboración con lingüistas das Universidade de Santiago de Compostela.
Empieza por  
D
Nome dun dos peixes dos que Alicia Estévez Toranzo estuda as súas enfermidades para a súa prevención e control.
Empieza por  
E
Primeiro apelido da muller que destaca no eido da acuicultura e centra a súa carreira investigadora no coñecemento das enfermedades que afectan aos peixes para a súa prevención e control
Empieza por  
F
En que se doutorou Mabel Loza García para traballar na actualidade en proxectos I+D+I de descubrimentos de fármacos?
Empieza por  
G
Primeiro apelido dunha muller galega enxeñeira de Telecomunicacións que centra a súa investigación na tecnoloxía da fala en galego e en castelán, a segmentación de audio e o recoñecemento biométrico de persoa, descubriu xunto con lingüistas da Universidade de Santiago de Compostela o 1º conversor texto-voz bilingüe galego e castelán.
Empieza por  
H
En que é experta Ofelia Rey Castelao?
Empieza por  
I
Nome dunha muller galega nada en Pontevedra en 1928, pioneira no ámbito da microcalorimetría e na investigación co fin de chegar ferramentas informáticas para a loita integral contra os lumes e merecedora do Premio María Josefa Wonenburger en 2007. En 1983 foi a primeira catedrática de Física Aplicada e tres décadas despois sería a primeira investigadora recoñecida coa Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física
Empieza por  
J
Segundo nome, despois de María, da muller galega que creou na USC un grupo de investigación pioneiro en España no ámbito da Nanomedicina e nos sistemas de liberación de fármacos e vacinas, homenaxeada en 2013 nos Premios María Josefa Wonenburger. Ademais figura no noveno posto no ránking mundial do Times Higher Education 2010 na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía
Contiene la  
K
Contén esta letra a enfermidade neurodexenerativa que María Teresa Miras Portugal estuda e investiga
Empieza por  
L
Primeiro apelido dunha muller asturiana, nada en Tapia de Casariego en 1961.Catedrática de Farmacoloxía pola USC. Coordinadora do grupo de investigación BioFarma. Foi galardoada co Premio María Josefa Wonenburger en 2019. Membro numerario da Academia de Farmacia de Galicia.
Empieza por  
M
Que carreira estudou María Josefa Wonenburger?
Empieza por  
N
Primeiro apelido da muller madrileña homenaxeada nos Premios María Josefa Wonenburger en 2010.
Empieza por  
O
Que muller galega ten contribuído dun xeito moi salientable no estudo da emigración galega é no papel da muller na Historia de Galicia e foi galardoana nos Premios María Josefa Wonenburfer en 2011?
Empieza por  
P
En que eido é unha figura de referencia Isabel Aguirre de Úrcola por levar a cabo diferentes proxectos de rehabilitación polos que ten sido merecedora de premios de ámbito nacional?
Empieza por  
Q
Primeiro apelido dunha matemática galega que ten dedicado un importante esforzo á transferencia do coñecemento matemático á sociedade especialmente na súa aplicación na industria e na empresa. A Xunta de Galicia concedeulle o premio María Josefa Wonenburger en 2016.
Empieza por  
R
Primeiro apelido dunha muller homenaxeada nos Premios María Josefa Wonenburger en 2011 que foi directora de estudos na École des Hautes Études en Sciencies Sociales de París en 2004 e en 2012, é licenciada e doutora en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela?
Empieza por  
S
Primeiro apelido dunha muller galega nada na Agolada en 1968 que foi homenaxeada en 2009 nos Premios María Josefa Wonenburger. Está considerada unha das maiores expertas internacionais na investigación do melanoma.
Empieza por  
T
Segundo nome dunha muller galega nada no Carballiño en 1948, que foi nomeada catedrática e directora do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular IV da Universidade Complutense dende 1986 e homenaxeada en 2008 co Premio María Josefa Wonenburger. Ten centrado a súa investigación nas enfermidades neurodexenerativas como o párkinson ou o alzheimer. Foi a primeira muller na historia en ser Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.
Empieza por  
U
Segundo apelido dunha muller galega nada en Vilagarcía de Arousa en 1937 que acadou o Premio Internacional de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA polo seu traballo de recuperación paisaxística do contorno do Mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume e foi homenaxeada cos premios María Josefa Wonenburger en 2015.
Empieza por  
V
Primeiro apelido dunha astrofísica galega especializada no estudo das curvas de rotación das galaxias espirais e na actividade nuclear galáctica a partir de datos ópticos e de radio e que destaca polo seu labor como enxeñeira de sistemas e se encarga de dous instrumentos moi importantes do Telescopio Especial James Webb da NASA.
Empieza por  
W
Primeiro apelido da muller a quen se considera como “a nai da Teoría de Kac-Moody, álxebras con moitas aplicacións en Física, Teórica e distintos campos das Matemáticas que foi a primeira muller que obtivo unha bolsa Fullbright que lle permitiu continuar a súa formación na Universidade de Yale nos Estados Unidos. Era afeccionada ao hóchey a patíins e ao baloncesto nunha época na que había xente que pensaba que as mulleres non debían facer deporte.
Empieza por  
X
De que etnia as investigacións de Carmen Navarro Fernández-Balbuena sobre enfermedades neuromusculares fixeron posible o descubrimento dunha mutación da Distrofia de Cinturas 2C no que participaron especialistas de Francia e Italia.
Contiene la  
Y
Segundo nome, despois de María, da muller que coa súa investigación pretende coñecer o impacto dos incendios forestais sobre as propiedades do solo e no estudo da súa recuperación e que foi homenaxeada nos Premios María Josefa Wonenburger en 2012.
Contiene la  
Z
Última letra do segundo apelido da muller galega que coordina un grande equipo multidisciplinar que centra os seus estudos en determinar que xenes controlan o desenvolvemento e a metástase do cancro de melanoma co obxectivo de deseñar fármacos que permitan un tratamento personalizado eficaz