Créer jeu
Jouer Test
1. 
Entre as catro probas que se citan a continuación, indica a que non foi achegada por Wegener.
A.
As idades das rochas graníticas que se encontran en África, América do Sur e a Antártida son coincidentes.
B.
A disposición dos tills glaciarios en América do Sur, África, a India e Australia evidenciarían un casquete glaciario no hemisferio sur durante o Carbonífero.
C.
O motor do movemento dos continentes son as correntes de convección do manto.
D.
Os bordos dos continentes encaixan entre si coma se fosen un crebacabezas.
2. 
A formulación da teoría da expansión do fondo oceánico de Harry Hess foi posible grazas a tres dos seguintes feitos. Sinala o que non o é.
A.
A distribución de terremotos e volcáns a nivel mundial.
B.
A idade dos basaltos oceánicos aumenta coa distancia á dorsal.
C.
As dorsais son fracturas da litosfera por onde escapa o material do manto en forma de coadas.
D.
O bandeado paleomagnético das dorsais oceánicas
3. 
Cal destes termos está relacionado cos bordos diverxentes?
A.
Falla transformante.
B.
Destrución de litosfera oceánica.
C.
Formación de dorsais oceánicas.
D.
Punto quente
4. 
Como se chama a teoría que explica os movementos verticais da litosfera?
A.
Tectónica de placas.
B.
Isostase.
C.
Subdución.
D.
Rifting.
5. 
Onde se encontran os terremotos (hipocentros) máis profundos?
A.
Bordos de placa diverxentes.
B.
Bordos de placa converxentes.
C.
Bordos de cizalla.
D.
Interior de placas.
6. 
A auga dos océanos tivo a súa orixe:
A.
Na alteración de rochas primitivas.
B.
No bombardeo de cometas.
C.
Na condensación de atmosfera primitiva.
D.
Na combinación de b e c.
7. 
A litosfera é unha capa dinámica formada por:
A.
Codia oceánica e codia continental.
B.
A codia e o manto superior ata a descontinuidade de Mohorovicic.
C.
Codia e astenosfera.
D.
Codia e parte externa do manto superior.
8. 
Que é unha inversión magnética?
A.
O polo norte intercámbiase co polo sur.
B.
O campo magnético desaparece.
C.
O campo varía de intensidade.
D.
Os polos magnéticos cambian de posición.
9. 
A subsidencia é un proceso que afecta a codia terrestre:
A.
Elevándoa.
B.
Afundíndoa.
C.
Expandíndoa.
D.
Fracturándoa.
10. 
10 Onde están os maiores relevos da Terra con respecto ás placas litosféricas?
A.
Nos bordos converxentes.
B.
No interior das placas.
C.
Nos bordos diverxentes.
D.
Nos bordos de cizalla.