Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Comeza por  
A
Nome dunha muller galega nada en 1897 en Cartelle, Ourense, considerada a primeira gaiteira que xunto cos seus irmáns formou o grupo Os Maravillas, co que non só actuou por Galicia senón tamén en Madrid onde é bautizada pola prensa da época coo “A raíña da gaitga galega”. Posteriormente forma outro grupo chamado Os Menores e decide emigrar a América coa súa gaita.
Comeza por  
B
Apelido, despois de Casas, dunha muller galega nada en Monforte de Lemos. É a primeira e única presidenta do Tribunal Constitucional. A primeira muller catedrática de Dereito do Traballo en España. Protagonizou algunhas sentenzas históricas da democracia española como a que avalou a constitucionalidade da Lei Integral contra a Violencia de Xénero.
Comeza por  
C
Nome dunha muller galega nada en Fisterra en 1912 que se convertirá na primeira condutora de camións de Galicia e do resto do Estado español. Sendo nena e adolescente gustáballe moito traballar no taller mecánico de seu pai. sempre tivo moi presentes as palabras que unha mestra lle repetía: “Só cando se quere se pode”, así que aprendeu a conducir e converteuse na primeira muller condutora de camións.
Comeza por  
D
Primeiro apelido da escritora, poeta, oradora e feminista galega que publicou unha obra cuxo primeiro poema é “En defensa das mulleres”.
Comeza por  
E
Nome dunha mestra e pedagoga galega que practicou unha pedagoxía para impulsar o ensino igualitario de nenas e nenos, fomentou a educación de persoas adultas e impulsou unha aprendizaxe baseada na experiencia facendo excursións e visitas escolares, ademais traballou ao longo da súa vida para que as escolas contasen con comedores escolares para que o alumnado tivese unha alimentación boa e saudable.
Comeza por  
F
Apelido dunha muller matemática e astrónoma galega nada en Ourense en 1914 que foi a primeira muller en defender unha tese de astronomía en España titulada Observacións de pasos por dúas verticais, e dirixida por Ramón María Aller.
Comeza por  
G
Primeiro apelido dunha muller galega nada en Porto do Son en 1879. Coñecíase polo alcume de A Ghaxola. Converteuse nunha percursora da enxeñaría textil galega ao confeccionar roupa impermeable á auga. Chegou a instalar o seu taller de costura onde traballaban ata 20 mulleres e fabricou traxes de auga para Galicia, Euskadi, Asturias e outros lugares españois.
Comeza por  
H
Primeiro apelido da segunda muller homenaxeada polo Día das Letras Galegas. Foi a primeira muller elixida membro da RAG (aínda que non chegou a tomar posesión).
Comeza por  
I
Segundo apelido dunha muller galega nada en Santiago de Compostela en 1881. Foi a primeira muller en exercer de alcaldesa en Galicia e a segunda de España, contribuíndo así a dignificar e normalizar a participación das mulleres nas tomas de decisión públicas.
Contén  
J
O seu apelido presenta dous J. Muller galega nada en Santiago de Compostela en 1910. Marcha estudar para Madrid e así continuar os seus estudos de comercio que iniciara en Vigo. En 1931 asina un manifesto de mulleres universitarias solicitando o voto para o Partido Galeguista. Funda en Viga o Atlántida Hóckey Club sendo a precursora do hóckey sobre herba.
Comeza por  
K
Nome artístico dunha cantante galega, moi vinculada co folclore, nada en Arzúa en 1942 cuxo nome real é María Dolores Casanova González. En 1969 estivo a piques de ser a primeira muller galega en representar a TVE en Eurovisión, mais finalmente foi Salomé quen interpretou “Vivo cantando”.
Comeza por  
L
Segundo nome despois de María dunha muller galega nada na Coruña en 1898 considerada a primeira directora dun xornal. Comeza a súa andaina xornalística escribindo os seus artios na revista para mulleres El Hogar y la Moda da que chegou a ser directora. Pouco despois chegou a encargarse dunha páxina de cine no xornal La Vanguardia e pasa a ser a única muller redactora do xornal e unha das pioneiras da crítica cinematográfica. Asinaba os seus escritos baixo o pseudónimo masculino Felipe Centeno. Tras o estoupido da Guerra Civil e despois de que o director do xornal fuxise ao exilio, esta muller é nomeada directora converténdose na primeira muller en dirixir un xornal de ámbito estatal
Comeza por  
M
O seu nome e apelidos comezan por esta letra. Muller galega nada en Monforte de Lemos en 1909 que se ve obrigada a emigrar sendo moi nova e se converteu na primeira artista nacida en Galicia que debuta en Nova York, interpretando un papel protagonista, participou no nacemento do teatro radiofónico cubano, foi das primeiras mulleres españolas que cantou jazz e outros ritmos afroamericanos do século XX.
Comeza por  
N
Apelido dunha muller galega nada na Pobra do Brollón, Lugo en 1975, é poeta, ensaísta e doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi lectora de galego na Universidade da Alta Bretaña en Rennes. Deuse a coñecer a través da publicación de tres poemarios de gran torrente vivencial, forza expresiva e sensualidade erótica (A teta sobre o sol, Nós nus, A cousa vermella)
Comeza por  
O
Nome da médica galega nada en Ourense en 1898. Foi unha das primerias licenciadas en Medicina en Galicia, abre a primeira clínica xinecolóxica dirixida por unha muller, ao tempo que traballa na Seguridade Social.
Comeza por  
P
Primeiro apelido dunha muller galega nada en Pontevedra en 1890 que foi a primeira muller galega en pilotar unha aeronave, converténdose así na primeira aviadora galega
Comeza por  
Q
Segundo apelido da primeira arquitecta galega e terceira española, nada na Cañiza en 1911. O seu soño era estudar Arquitectura, mais viviu nunha época na que as carreira técnicas lles estaban prácticamente negadas ás mulleres, así que esta muller conseguiuno grazas ao apoio da súa avoa.
Comeza por  
R
Nome dunha muller galega nada en 1837 que foi a precursora na defensa dos dereitos das mulleres a través dos seus textos e se converteu nun símbolo da cultura galega e universal. Primeira escritora galega en ser homenaxeada polo Día das Letras Galegas. Co seu nome denomínase a estrela HD 149143, o planeta que xira ao seu redor, chámase Río Sar.
Comeza por  
S
Muller galega nada en Culleredo en 1861 que foi a primeira muller española correspondente estranxeira e de guerra, percorreu toda Europa vivindo os momentos clave do século XX como as guerras mundiais ou a vitoria do sufraxismo en Inglaterra.
Contén  
T
O seu segundo apelido contén esta letra. Muller galega, de nome Sofía, nada en Vigo en 1902 que remata a súa carrreira de solfexo, harmonía e Piano en 1925 no Conservatorio de Música de Madrid con premio extraordinario. Sendo nova vai para Madrid onde se aloxa na Residencia de señoritas, pioneira institución feminista encargada de fomentar a renovación pedagóxica e científica en España no primeiro terzo do século XX. Dende 2016 a Excma. Deputación de Pontevedra concede un PREMIO co nome desta muller á inclusión de prespectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster.
Comeza por  
U
Segundo apelido dunha muller galega nada en Vilagarcía de Arousa en 1937 que acadou o Premio Internacional de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA polo seu traballo de recuperación paisaxística do contorno do Mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume e levou a cabo un extraordinario proxecto dun miradoiro vanguardista no Canón do Sil para proxectar e promover o valor paisaxístico da Ribeira Sacra. Foi homenaxeada cos premios María Josefa Wonenburger en 2015. O seu nome é Isabel Aguirre
Comeza por  
V
Segundo nome, despois de María, dunha profesora e escritora en lingua galega, autora de Mar adiante (1973), Leonardo e os fontaneiros (1986), Anagnórisse (1988), Guedellas de seda e liño( 1999). Foi a cuarta muller homenaxeada polo Día das Letras Galegas. Firme defensora dos dereitos dos animais. Apaixonada polos idiomas e que falaba latín, árabe, portugués, francés, español, catalán, éuscaro, italiano, galego, español, un pouco de ruso e tamén do romanés
Comeza por  
W
Apelido dunha muller galega, nada en Oleiros en 1927 que foi unha matemática e investigadora de renome internacional que traballou no campo da álxebra
Comeza por  
X
Nome dunha poeta galega nada en Sarria, Lugo, en Xela Arias en 1962, autora de Intempériome, Tigres coma cabalos, Darío a diario ou Denuncia do equilibrio, soe adscribirse á corrente “poesía de muller” xunto con poetas como Iolanda Castaño ou Olga Novo.
Contén  
Y
O seu apelido contén esta letra. Apelido da primeira fotógrafa nada en 1845 que montou o seu propio estudio de fotografía en Santiago de Compostela nun momento no que era un traballo exclusivo de varóns. Dise que esta muller fotografou a Rosalía de Castro, de feito consérvanse dúas fotografías moi antigas da escritora do Rexurdimento Galego.
Comeza por  
Z
Primeiro apelido da enfermeira galega nada en Ordes en 1773 que formou parte , xunto con 22 nenos portadores da varíola, da expedición que levou a vacina desta enfermidade a América a quen a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñeceu como a primeira enfermeira da historia en misión humanitaria