Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Comeza por  
A
Primeiro apelido da muller galega que creou na USC un grupo de investigación pioneiro en España no ámbito da Nanomedicina e nos sistemas de liberación de fármacos e vacinas, homenaxeada en 2013 nos Premios María Josefa Wonenburger. Ademais figura no noveno posto no ránking mundial do Times Higher Education 2010 na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía.
Comeza por  
B
Primeiro apelido da primeira farmacéutica galega, nada en Viveiro en 1877. Entre 1903 e 1933 rexentou a súa propia botica en Ribadeo
Comeza por  
C
Muller galega nada en Culleredo en 1861 que foi a primeira muller española correspondente estranxeira e de guerra, percorreu toda Europa vivindo os momentos clave do século XX como as guerras mundiais ou a vitoria do sufraxismo en Inglaterra
Comeza por  
D
Primeiro apelido da escritora, poeta, oradora e feminista galega que publicou unha obra cuxo primeiro poema é “En defensa das mulleres”
Comeza por  
E
Nome dunha pioneira no eido da farmacia, nada no Carballiño en 1895. Foi a primeira licenciada galega en obter unha bolsa de estudos no estranxeiro. Destacou como enóloga e na industria farmacéutica, onde cos seus Laboratorios Pereira lanzou antibióticos, cosméticos ou o primeiro deterxente líquido que se comercializou en España
Comeza por  
F
Apelido dunha muller matemática e astrónoma galega nada en Ourense en 1914 que foi a primeira muller en defender unha tese de astronomía en España titulada Observacións de pasos por dúas verticais, e dirixida por Ramón María Aller
Comeza por  
G
Apelido dunha muller galega nada en Ourense en 1923 que foi a primeira muller en ingresar na Real Academia Galega en 1985. Licenciada en Filosofía e Letras foi ademais historiadora, académica e escritora. Foi directora do Arquivo Históricio Provincial de Ourense.
Comeza por  
H
Primeiro apelido da segunda muller homenaxeada polo Día das Letras Galegas. Foi a primeira muller elixida membro da RAG (aínda que non chegou a tomar posesión).
Comeza por  
I
Nome da navegante galega nada en Pontevedra en 1567 que foi a primeira muller que ostentou o cargo de almirante na historia da navegación
Comeza por  
J
Muller galega que xunto coa súa irmá xemelga Elisa, foron as primeiras mulleres que accederon á Universidade de Santiago de Compostela en 1914, pouco despois de que se aprobase o decreto que permitía o acceso feminino á universidade
Comeza por  
K
Nome artístico dunha cantante galega, moi vinculada co folclore, nada en Arzúa en 1942 cuxo nome real é María Dolores Casanova González. En 1969 estivo a piques de ser a primeira muller galega en representar a TVE en Eurovisión, mais finalmente foi Salomé quen interpretou “Vivo cantando”.
Comeza por  
L
Apelido da segunda muller española en escalar o Everest, nada en Vigo en 1964. Tras escalar o Cho Oyu esta viguesa lanzouse á aventura e intentou escalar o Everest sen osíxeno. Conseguiu tocar a cima o 26 de maio, aínda que para baixar si que o precisou durante unhas dúas horas, motivo polo que non figura nos libros como ascenso sen osíxeno
Comeza por  
M
Primeira muller catedrática de Astrofísica de Galicia. nada en Negreira en 1963, Actualmente compaxina a docencia na Escola de Náutica na Coruña coa investigación, e traballa coa Axencia Espacial Europea no proxecto Gaia, na cartografía máis ampla feita ata agora da Vía Láctea.
Comeza por  
N
Apelido nunha muller galega nada en Vigo en 1902 que remata a súa carrreira de solfexo, harmonía e Piano en 1925 no Conservatorio de Música de Madrid con premio extraordinario. Sendo nova vai para Madrid onde se aloxa na Residencia de señoritas, pioneira institución feminista encargada de fomentar a renovación pedagóxica e científica en España no primeiro terzo do século XX. Dende 2016 a Excma. Deputación de Pontevedra concede un PREMIO co nome desta muller á inclusión de prespectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster.
Comeza por  
O
Nome da médica galega nada en Baltar, Ourense, en 1898. Foi unha das primerias licenciadas en Medicina en Galicia, abre a primeira clínica xinecolóxica dirixida por unha muller, ao tempo que traballa na Seguridade Social
Comeza por  
P
Primeiro apelido dunha muller galega nada en Pontevedra en 1928, pioneira no ámbito da microcalorimetría e na investigación co fin de chegar ferramentas informáticas para a loita integral contra os lumes e merecedora do Premio María Josefa Wonenburger en 2007. En 1983 foi a primeira catedrática de Física Aplicada e tres décadas despois sería a primeira investigadora recoñecida coa Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física
Contén  
Q
Primeiro apelido dunha matemática galega que ten dedicado un importante esforzo á transferencia do coñecemento matemático á sociedade especialmente na súa aplicación na industria e na empresa. A Xunta de Galicia concedeulle o premio María Josefa Wonenburger en 2016
Comeza por  
R
Muller farmacéutica galega, nada en Santiago de Compostela en 1907 que traballou durante a Guerra Civil traballou traballou e obtivo o título de Enfermería no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago. Tivo un papel clave para detectar o virus do cólera en Santiago en 1975, evitando unha epidemia.
Comeza por  
S
Primeiro apelido dunha muller galega nada n´Agolada en 1968 que foi homenaxeada en 2009 nos Premios María Josefa Wonenburger. Está considerada unha das maiores expertas internacionais na investigación do melanoma
Comeza por  
T
Segundo nome dunha muller galega nada no Carballiño en 1948, que foi nomeada catedrática e directora do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular IV da Universidade Complutense dende 1986 e homenaxeada en 2008 co Premio María Josefa Wonenburger. Ten centrado a súa investigación nas enfermidades neurodexenerativas como o párkinson ou o alzheimer. Foi a primeira muller na historia en ser Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia
Comeza por  
U
Segundo apelido dunha muller galega nada en Vilagarcía de Arousa en 1937 que acadou o Premio Internacional de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA polo seu traballo de recuperación paisaxística do contorno do Mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume e foi homenaxeada cos premios María Josefa Wonenburger en 2015
Comeza por  
V
Primeiro apelido dunha astrofísica galega nada en Vigo en 1963, especializada no estudo das curvas de rotación das galaxias espirais e na actividade nuclear galáctica a partir de datos ópticos e de radio. Traballa no novo gran telescopio que explorará o espazo, o James Webb da NASA. Merecedora do Premio María Josefa Wonenburger en 2017
Comeza por  
W
Apelido dunha muller galega, nada en Oleiros en 1927 que foi unha matemática e investigadora de renome internacional que traballou no campo da álxebra
Comeza por  
X
Nome dunha poeta galega nada en Sarria, Lugo, en Xela Arias en 1962, autora de Intempériome, Tigres coma cabalos, Darío a diario ou Denuncia do equilibrio, soe adscribirse á corrente “poesía de muller” xunto con poetas como Iolanda Castaño ou Olga Novo
Contén  
Y
O seu segundo nome contén esta letra. Muller nada en Taboada en 1934. É pioneira dos estudos da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona húmida e temperada de España e no aproveitamento de materiais orgánicos residuais como fertilizantes. A súa carreira investigadora céntrase na Edafoloxía , estudo científico do solo. Foi merecedora do premio María Josefa Wonenburger en 2012.
Comeza por  
Z
Primeiro apelido da enfermeira galega nada en Ordes en 1773 que formou parte , xunto con 22 nenos portadores da varíola, da expedición que levou a vacina desta enfermidade a América, a quen a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñeceu como a primeira enfermeira da historia en misión humanitaria