Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Z
Comeza por  
A
Nota ou notas en parte débil do comezo da obra, antes da caída do primeiro compás.
Contén  
B
Nobre medieval que se adicaba a compoñer e cantar cantigas en lingua vernácula
Comeza por  
C
Luxosos libros manuscritos nos que se copiaban as cancións no Renacemento
Contén  
D
Termo que indica a diminución gradual da velocidade
Comeza por  
E
Sucesión ordeada de notas
Comeza por  
F
Figura rítmica de moi pouco valor
Comeza por  
G
O canto relixioso monódico en latín que se estendeu por toda a cristiandade na Idade Media
Comeza por  
H
Tipo de canto gregoriano con forma estrófica, de louvanza dos santos
Comeza por  
I
Distancia de altura entre dúas notas
Comeza por  
J
Nome de pila do célebre compositor renacentista español, autor do Romance Qu´es de ti, desconsolado que tedes na Aula Virtual
Comeza por  
K
Única parte da misa antiga que non está en latín; tedes un exemplo na sección do Renacemento na AV
Comeza por  
L
Signo de prolongación que une notas do mesmo nome e son
Comeza por  
M
Forma polifónica para varias voces, típica do Renacemento, e que deriva o seu nome da palabra francesa mot
Contén  
N
Instrumento de corda pulsada, típico das rondallas, que ten cordas dobres.
Comeza por  
O
Instrumento de vento madeira, de lingüeta dobre, e que en galego empeza con til
Contén  
P
En música, división do tempo en partes ou pulsos iguais
Comeza por  
Q
Apelido do gran violinista pontevedrés, famoso no mundo enteiro, alá a comezos do século XX.
Comeza por  
R
Parece un nome, pero é o apelido do compositor do Concerto de Aranjuez
Comeza por  
S
Instrumento da familia de vento madeira aínda que está construído en metal, e que ten palleta simple.
Contén  
T
Período da historia da música que segue á Idade Media, e abrangue os séculos XV e XVI aproximadamente.
Contén  
U
Apelido do compositor francés que escribiu a música do ballet O aprendiz de bruxo
Contén  
V
Compositor ruso de finais do XIX do que estudades un fragmento do seu 1º concerto para piano e orquestra
Comeza por  
W
Compositor do Romanticismo alemán, autor da célebre Cabalgada das Valquirias, da súa ópera "A Valquiria"
Comeza por  
X
Ten láminas e hainos soprano, contralto e tenor-baixo na clase
Contén  
Z
Para bailar, estas pezas popularizáronse moito sobre todo dende o Renacemento, e temos pavanas, zarabandas, minuetos...