Superficie que reflicte as imaxes, particularmente, a feita cunha placa de vidro cuberta pola parte posterior cunha mestura de mercurio e estaño.
Comeza por
F
Parte máis alta da casa, inmediatamente debaixo do tellado.
Comeza por
G
Mamífero carnívoro da familia dos félidos, doméstico,
Comeza por
H
Terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas e tamén nalgúns casos árbores froiteiras.
Comeza por
I
Persoa que, respecto doutra, é filla dos mesmos pais ou só do mesmo pai ou da mesma nai.
Comeza por
J
Antigo sistema de loita xaponesa sen armas, hoxe practicada como deporte, baseado no emprego de chaves para inmobilizar o contrario ou para desequilibralo e facelo caer.
Comeza por
K
Entretemento de orixe xaponesa, que consiste en interpretar unha canción sobre un fondo musical gravado, mentres se vai lendo a letra nunha pantalla de vídeo.
Comeza por
L
Barro fino, vernizado e cocido, co que se fan diversos obxectos, como pratos, xerras etc.
Comeza por
M
Causar dano físico, facer unha ferida
Comeza por
N
Atadura
Comeza por
O
Cada un dos órganos duros e sólidos que constitúen o esqueleto do home e dos animais vertebrados.
Comeza por
P
Encoro
Comeza por
Q
Alimento que se obtén callando o leite e separando a parte líquida.
Comeza por
R
Dispositivo manual que permite localizar na pantalla un punto e actuar sobre el e que se manexa desprazándoo sobre unha superficie plana ou ben pode estar incorporado ao teclado.
Comeza por
S
Réptil sen patas da suborde dos ofidios, de corpo longo e cilíndrico e pel con escamas, do cal existen moitas especies de distintas cores e tamaños, algunhas das cales son velenosas.
Comeza por
T
Infusión
Comeza por
U
Froito da vide
Comeza por
V
Mamífero da suborde dos ruminantes, femia do boi, que se cría para aproveitarlle o leite, a carne e a pel.
Comeza por
W
Tecnoloxía de conexión sen cabos entre dispositivos por medio de ondas de radio de alta frecuencia. Que permiten conectarse a internet.
Comeza por
X
Sardiña pequena.
Comeza por
Z
Calzado de sola grosa, de madeira ou doutro material, aberto pola parte do calcañar.