No interior da ventá do coche fórmanse gotas de auga. Cando o cristal arrefría o vapor de auga pasa a estado líquido. Este cambio chámase...
A.
Solidificación
B.
Condensación
C.
Vaporización
D.
Fusión
7.
Este sinal de tráfico indica...
A.
Prohibido animais neste lugar.
B.
Información sobre a existencia de animais neste lugar.
C.
Perigo por paso de animais salvaxes.
D.
Perigo por paso de animais domésticos.
8.
A estrela de mar é un exemplo de animal que...
A.
Se reproduce a partir de si mesma: se rompe en dous anacos fórmase unha nova estrela de mar.
B.
Nace dun ovo.
C.
Nace do ventre da nai.
9.
Como se chama o estado no que está a auga da imaxe?
A.
Orballo
B.
Néboa
C.
Sarabia
D.
Chuvia
10.
As cidades son localidades grandes nas que...
A.
Os seus habitantes viven en vivendas unifamiliares.
B.
Viven menos de 10.000 habitantes.
C.
Viven máis de 10.000 habitantes.
D.
Os seus habitantes traballan principalmente na agricultura.
11.
Na dieta mediterránea predominan...
A.
A froita e a verdura frescas, o peixe, os legumes e o aceite de oliva.
B.
A carne, os legumes e o aceite.
C.
A carne e a froita.
D.
As verduras frescas e as graxas.
12.
Os habitantes das paisaxes de montaña traballan....
A.
Na agricultura, pero sobre todo no turismo de praia.
B.
Na agricultura, na gandaría e nas industrias artesanais (queixo, leite, carne, embutidos…).
C.
Na industria e no comercio.
D.
Na pesca e tamén na agricultura, pero sobre todo nas actividades relacionadas co comercio e nos transportes.
13.
A planta da imaxe, chamada toxo, é un exemplo de...
A.
Herba.
B.
Árbore.
C.
Arbusto.
14.
A corola é a parte da flor...
A.
Formada por un conxunto de pétalos, que adoitan ser de cores vistosas para atraer os insectos.
B.
Formada por unhas folliñas de cor verde chamadas sépalos, que protexen os pétalos.
C.
Onde se formará a semente.
D.
Formada por uns filamentos que no seu extremo teñen unha pequena cápsula que contén os grans de pole.
15.
Un cabo é...
A.
Unha parte de mar que entra na terra.
B.
Unha franxa de mar que separa dúas terras próximas entre si.
C.
Unha porción de terra rodeada de auga por todas partes.
D.
Unha porción de terra que entra no mar.
16.
En que etapa da vida estamos, cando nas mulleres, o corpo xa non medra máis e, nos homes, faino ata os 20 anos aproximadamente? Ademais, nesta etapa as persoas seguen estudando ou empezan a traballar.
A.
Xuventude.
B.
Adolescencia.
C.
Idade adulta.
D.
Infancia.
17.
Como é a superficie da Lúa?
A.
Non ten auga pero si conta con cráteres.
B.
Ten auga.
C.
Ten auga e cráteres.
D.
Non ten cráteres.
18.
O movemento de translación da Terra dá lugar a...
A.
Semanas.
B.
Estacións do ano.
C.
Día e noite.
19.
O mapa de imaxe é un...
A.
Mapa físico.
B.
Mapa político.
C.
Mapa temático: do tempo.
D.
Mapa temático: de comunicacións.
20.
O boneco de neve desfaise pola calor do Sol e convértese en auga líquida. Ese proceso chámase...
A.
Vaporización
B.
Fusión
C.
Condensación
D.
Solidificación
21.
Que tipo de animal é este?
A.
Peixe
B.
Reptil
C.
Mamífero
22.
As plantas como as da imaxe, que decoran as nosas casas e os nosos xardíns, por exemplo os xeranios ou as palmeiras chámanse...
A.
Plantas de cultivo.
B.
Plantas ornamentais.
C.
Bosques.
23.
En que fase está a Lúa?
A.
Lúa chea.
B.
Lúa nova.
C.
Cuarto minguante.
D.
Cuarto crecente.
24.
As enfermidades contaxiosas...
A.
Están provocadas por microbios como os virus e as bacterias.
B.
Non están orixinadas por ningún organismo microscópico.
25.
Os alimentos da imaxe son...
A.
Graxas.
B.
Hidratos de carbono.
C.
Proteínas.
D.
Vitaminas.
26.
Esta é unha paisaxe de...
A.
Montaña.
B.
Costa.
C.
Chaira.
D.
Cidade.
27.
Que son os animais preeiros?
A.
Os que se alimentan tanto doutros animais como de plantas.
B.
Os que só se alimentan da carne doutros animais.
C.
Os que se alimentan dos restos de animais en descomposición
D.
Os que se alimentan só de plantas, de raíces, de follas, de sementes ou de froitos.
28.
Quen é o persoal docente?
A.
Alumnos/as.
B.
Profesores/as.
C.
Nais e pais.
D.
Persoal administrativo, conserxe, persoal de limpeza ou monitores que traballan no comedor.
29.
Que podemos ver aquí?
A.
Un mapa.
B.
Un planisferio.
C.
Un plano.
D.
Un globo terráqueo.
30.
Para medrar sans e previr as enfermidades, debemos seguir uns hábitos saudables, como durmir cada día aproximadamente...