Connectez-vous
Créer jeu
Types de jeux
Centre d'aide
Game Pin
News
Premium
Créer jeu
Connectez-vous
Tous les jeux
Jouer Test
Imprimer Test
Tema 6 Entreguerras e IIGM
Autor :
Marcos Salgado Rodríguez
1.
Elixe a frase correcta.
A.
A crise de 1929 estivo provocada pola insuficiente produción.
B.
O economista Keynes sostiña que o Estado non debía intervir na economía.
C.
O presidente Roosevelt impulsou a intervención do Estado na economía.
D.
Durante os anos vinte as cotizacións na bolsa reducíronse notablemente.
2.
Cal das seguintes características non define a un réxime totalitario?
A.
Controlan a sociedade mediante a propaganda e o control da educación
B.
Manteñen un sistema de pluripartidismo e de liberdades democráticas
C.
Exaltan a grandeza nacional e formulan reivindicacións territoriais.
D.
Adoitan contar cun líder que concentra o poder e ao que se considera infalible.
3.
Indica cales das seguintes afirmacións se correspoden co goberno de Lenin.
A.
Creouse a URSS
B.
Adoptou unha economía mixta denominada NEP
C.
Converteu a URSS nunha gran potencia económica e militar
D.
A lentitude das reformas e a decisión de continuar na guerra provocaron a súa caída.
4.
Indica cales dos seguintes termos se corresponden co fascismo italiano.
A.
Führer
B.
Terceiro Reich
C.
Duce
D.
"camisas negras"
5.
Sinala a data do "xoves negro".
A.
25 de outubro de 1917
B.
24 de outubro de 1929
C.
28 de xuño de 1914
D.
18 de Xullo de 1936
6.
Cales son as principais potencias do Eixe?
A.
Alemaña, Austria-Hungria e Italia.
B.
Gran Bretaña, Francia e Rusia.
C.
Alemaña, Italia e Xapón.
D.
Alemaña, Turquía e Bulgaria.
7.
Cales das seguintes afirmacións son certas en referencia a "chispa" que ocasionou o inicio da II Guerra Mundial?
A.
Alemaña invadiu Polonia o 1 de setembro de 1939.
B.
Na invasión de Polonia, Alemaña puxo en marcha un tipo de ataque coñecido como guerra-lóstrego.
C.
A invasión alemá de Polonia produciuse sen previa declaración de guerra.
D.
Tres días despois da invasión alemá de Polonia, Gran Bretaña e Francia declarábanlle a guerra a Alemaña.
8.
Que feito provocou a entrada dos Estados Unidos na II Guerra Mundial?
A.
O afundimento do Lusitania.
B.
O telegrama Zimmerman.
C.
A revolución rusa.
D.
O ataque xaponés á base naval de Pearl Harbor (Hawai)
9.
Indica cales das seguintes afirmacións sobre a II Guerra Mundial son certas:
A.
Desenvolveuse só en Europa.
B.
A maior parte dos mortos foron civís.
C.
Os países con maoires perdas demográficas foron Rusia, Polonia e Alemaña.
D.
Durou catro anos.
10.
En que cidadé alemá se celebraron os xuízos contra os crimes de guerra cometidos polos nazis?
A.
Yalta
B.
Postdam
C.
Nürnberg
D.
Weimar
11.
Elixe as afirmacións verdadeiras:
A.
Na conferencia de Teherán (1943) acordouse que a URSS anexionase os Balcáns
B.
Na conferencia de Yalta (1945) acordouse a división de Alemaña e de Berlín en 4 sectores de ocupación
C.
Na conferencia de Postdam (1945) acordouse que a URSS anexionase as repúblicas bálticas e o leste de Polonia
D.
Na conferencia de San Francisco (1945) foi creada a ONU.
12.
Cales das seguintes afirmacións son certas referidas ao dadaísmo?
A.
Inspirouse no inconsciente e nos soños.
B.
Reinvindicou a destrución da arte, o azar e o absurdo.
C.
A cor e as formas converterónse nos verdadeiros protagonistas do cadro.
D.
A figura máis destacada foi Marcel Duchamp, creador dos ready-made
13.
Cal das seguintes obras pertence ao funcionalismo?
A.
B.
C.
D.
14.
Cales dos seguintes feitos marcan o inicio da segunda fase da 2ª Guerra mundial caracterizada polo avance dos Aliados
A.
As derrotas alemás en Stalingrado.
B.
O lanzamento das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki.
C.
O ataque xaponés á base naval estadounidense de Pearl Harbor.
D.
As derrotas xaponesas no mar do Coral e Midway.
15.
Cales dos seguintes factores explican as victorias iniciais do Eixe na primeira fase da Segunda Guerra Mundial
A.
A "guerra lóstrego" lanzada por Alemaña
B.
O pacto de non agresión xermano-soviético, que permitiu a Alemaña evitar unha guerra en dúas frontes.
C.
A abundancia de recursos enerxéticos cos que contaba Alemaña.
D.
Os bombardeos atómicos realizados por Xapón sobre os territorios do Pacífico que se negaban a rendirse.