Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Comeza por  
A
Batalla da guerra da independencia gañada polas tropas de Wellington en 1812 ao sur de Salamanca. Supuxo unha inflexión na guerra.
Comeza por  
B
Derrota da Grande Armée preto de Xaén en 1808. Cuestionou a invencibilidade francesa e obrigou a Napoleón a acudir en persoa para consolidar o seu dominio.
Comeza por  
C
Comeza por  
D
Ordenada por Godoy en 1798 para facer fronte á crise financeira xerada polas continuas guerras. O indispuxo coa Igrexa.
Comeza por  
E
Mosteiro que da nome a unha conspiración fallida encabezada polo príncipe de Asturias contra Godoy en 1807.
Comeza por  
F
Tratado franco-español que estipulaba a invasión conxunta de Portugal, para o que permitía o paso das tropas francesas por territorio español. Antecedente da invasión francesa da P. Ibérica e da Guerra da Independencia.
Comeza por  
G
Forma espontánea e popular de resistencia armada contra o invasor. Baséase na formación de pequeñas partidas ou cuadrillas de homes que fustrigaban o exército francés aproveitando o coñecemento do terreo e o apoio da poboación.
Comeza por  
H
Dereito recollido no Estatuto de Bayonne que garante a liberdade e integridade das persoas fronte a detencións e prisións arbitrarias.
Comeza por  
I
A guerra do francés, tamén é coñecida como guerra de...
Comeza por  
J
Político ilustrado que foi elixido representante de Asturias na Xunta Central Suprema e Gubernativa.
Comeza por  
K
Símbolo da unidade de masa definida durante a Revolución francesa como: masa dun decímetro cúbico (un litro) de auga destilada a unha atmosfera de presión e 3,98 ° C
Comeza por  
L
Facción dos patriotas que vían na situación revolucionaria creada pola guerra a oportunidade para transformar a España do Antingo Réxime nun réxime baseado nas ideas da Revolución Francesa pero independente do domino napoleónico.
Comeza por  
M
Comeza por  
N
En Bayonne convence a Carlos IV e a Fernando VII de que renuncien ao trono de España e de que llo cedan a el, para entregarllo ao seu irmán Xosé.
Comeza por  
O
O Estatuto de Bayonne ten o carácter dunha Carta...
Comeza por  
P
Un dos alcumes que lle puxeron en España a Xosé I Bonaparte. Rei...
Contén  
Q
Foi abolida por Napoleón mediante os decretos de Chamartín en decembro de 1808 e polas Cortes de Cádiz en 1813. Sería restaurada por Fernando VII durante o Sexenio absolutista.
Comeza por  
R
En xaneiro de 1810, a Xunta Suprema Central Gobernativa de España e Indias, que exerceu o goberno de España desde setembro de 1808, foi substituída polo Supremo Consello de...
Comeza por  
S
Un dos 3 órganos consultivos que establecía o Estatuto de Bayonne, encargado de vixiar as liberdades básicas.
Comeza por  
T
Batalla marítima que tivo lugar en 1805, na que a escuadra franco-británica foi esnaquizada polo almirante británico Nelson.
Contén  
U
Campaña desastrosa para Napoleón que lle obrigou a retirar tropas de España para centrarse noutras zonas de Europa.
Comeza por  
V
Tratado que da por concluída a guerra de independencia e restablece no trono a Fernando VII.
Comeza por  
W
Comeza por  
X
Institucións que se forman ante o baleiro de poder producido pola invasión para organizar a defensa do reino.
Contén  
Y
Contén  
Z
Real sitio onde tivo lugar o motín que forzou a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando en marzo de 1808.