1
Membrana móbil que cobre e protexe a parte visible do ollo
2
Cada un dos pelos que nacen nos bordos das pálpebras
3
Cada unha das partes da cara que sobresaen debaixo dos ollos
4
Parte da cara que está entre a boca e o pescozo, especialmente a punta en que termina
5
Cada un dos pelos que cobren a parte superior e posterior da cabeza dunha persoa
6
Parte externa do órgano do oído dos mamíferos, situada a ambos os lados da cabeza
7
Bordo superior, curvo e saínte, da órbita do ollo, e conxunto de pelos que o cobren para a protección do propio ollo
8
Cada unha das dúas partes carnosas que limitan a abertura da boca
9
Cada un dos órganos do home e doutros animais, de cor branca, duros e calcarios, incrustados no bordo dos maxilares superior e inferior, que serven para morder e triturar os alimentos.
10
Parte superior da cara, comprendida entre as cellas e a raíz do pelo, e que vai dunha tempa á outra
11
Órgano do sentido da vista
12
Parte lateral da cabeza, entre a parte superior da órbita do ollo e a orella