Créer jeu
Jouer Test
1. 
Cal das seguintes achegas non se corresponde coa conformación da lingua galega?
A.
O superestrato árabe
B.
O estrato latino
C.
O substrato celta
D.
O substrato prexermánico
2. 
Quen conseguiu o asentamento romano definitivo na Gallaecia?
A.
Xulio César
B.
Octavio Augusto
C.
Décimo Xuño Bruto
D.
Publio Elio Adriano
3. 
Cal das seguintes palabras non é un termo conservado do árabe?
A.
berce
B.
laranxa
C.
alfinete
D.
azucre
4. 
Cal dos seguintes nomes propios ten orixe xermánica?
A.
Rábade
B.
Sar
C.
O Grove
D.
Guillerme
5. 
En que século nace o galego-portugués?
A.
XII
B.
XIII
C.
IX
D.
X
6. 
Como se denomina a etapa histórica en que Galiza se converte nun dos centros culturais e relixiosos máis importantes da Península?
A.
Romanización
B.
Era Compostelá
C.
Ilustración
D.
Rexurdimento
7. 
En que ano se produce a independencia política de Portugal?
A.
1128
B.
1230
C.
1252
D.
1492
8. 
Cal das seguintes afirmacións sobre a situación lingüística na Idade Media é falsa?
A.
O galego-portugués é a lingua de todas as clases sociais
B.
O galego-portugués é a lingua da lírica peninsular
C.
O galego-portugués non se emprega en documentos nin se utiliza na prosa literaria
D.
O galego-portugués é unha lingua empregada en practicamente todos os ámbitos
9. 
Cal dos seguintes títulos non é un texto dos máis antigos conservados en galego-portugués?
A.
Noticia de Torto
B.
Noticia de Fiadores
C.
Ondas do mar de Vigo
D.
Testamento de Afonso II de Portugal
10. 
A quen se enfrontou Isabel a Católica no conflito sucesorio pola coroa de Castela?
A.
Henrique de Trastámara
B.
Xoana a Beltranexa
C.
Pedro I
D.
Afonso X