Créer une activité
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
R
S
T
U
V
X
Z
Empieza por  
A
Sistema de tenza da terra predominante, que non sexa a propiedade.
Empieza por  
B
Extensión das explotacións agrarias sen cultivar, que alternaba na rotación trienal con leguminosas e cereais. Hoxe está en franco retroceso.
Empieza por  
C
Documento oficial que leva o reconto da poboación estatal, todos os anos que rematan en 1.
Empieza por  
D
Paisaxe agraria do espazo mediterráneo continental, especializada no aproveitamento pecuario de touros de lidia e porco ibérico, ás veces mesturado con aciñeira e/ou sobreira e aproveitamento cerealístico. Moi abundante en Salamanca e Extremadura.
Empieza por  
E
... rural, migración definitiva e sen retorno do campo á cidade, o que Sergio del Molino denominou para a España dos 1950, "o grande Trauma".
Empieza por  
F
Taxa que fai referencia ao número de fillos por muller en idade procreativa (tradicionalmente de 15 a 49 anos).
Contiene la  
G
Concepto que fai referencia á perda de poboación adicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio.
Empieza por  
H
Cultivo sen terra, habitualmente en invernadoiro, que medra en solucións químicas.
Empieza por  
I
Organismo oficial español que leva o reconto da poboación de xeito estatístico.
Empieza por  
L
Grande explotación agraria, predominante no centro e sur peninsular, habitualmente por enriba das 100 Ha.
Empieza por  
M
Un dos factores que, xunto coa intensificación dos cultivos (con aporte de fertilizantes), permitíu o incremento da produtividade agrícola e o abandono sucesivo do campo por parte da poboación activa.
Contiene la  
N
rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada cá do censo.
Empieza por  
O
Aquela parte da poboación activa que está traballando.
Empieza por  
P
A política comunitaria que máis recursos orzamentarios consume.
Empieza por  
R
Pirámide de poboación na que se acusa o avellentamento da mesma e a redución da natalidade, cada vez máis acentuada.
Empieza por  
S
Aproveitamento económico que consiste na explotación forestal. Moi abundante na España atlántica.
Empieza por  
T
... demográfica, período no que o crecemento vexetativo acada o máximo, debido á repentina baixa da taxa de mortalidade por mor da melloría da sanidade, á par que a taxa de natalidade se mantén -ao comezo- aínda moi elevada.
Contiene la  
U
Comunidade de destino do transvase Texo-Segura, moir significativa na produción hortofrutícola, considerada "a horta de Europa".
Contiene la  
V
Gandería estabulada que contén o maior número de cabezas da cabana pecuaria.
Contiene la  
X
Poboación procedente doutros Estados; en España representa aproximadamente o 11-12% do total.
Empieza por  
Z
Espazo territorial reservado polos diferentes Estados, dentro da súa plataforma continental, para a actividade pesqueira.