Créer une activité
Jouer Test
1. 
As aves son todas herbívoras?
A.
Si, alimántanse todas de pequenos froitos e sementes.
B.
Non, son carnívoras.
C.
Non, son omnívoras. Aliméntanse de animais, froitos e sementes.
D.
Non, hai aves carnívoras, herbívoras e omnívoras.
2. 
Como conseguen alimento os animais?
A.
Eles fabrican o seu propio alimento.
B.
Obteñen alimento a partir de outros seres vivos.
3. 
Teñen os insectos columna vertebral?
A.
Si, xa que é a estrutura principal de soporte do esqueleto e permite ao animal desprazarse sen perder o equilibrio.
B.
Non, pero dispoñen dunha estrutura chamada exoesqueleto que lle garantiza ao animal unha estrutura determinada.
4. 
Sinala que animais son vertebrados
A.
Anfibios, aves, mamíferos, peixes e réptiles.
B.
Aves, mamíferos, moluscos, peixes e réptiles.
C.
Artrópodos, aves, mamíferos, moluscos e réptiles.
D.
Anfibios, artrópodos, aves, mamíferos e réptiles.
5. 
Sinala que parella de animais son bivalvos
A.
Vieiras e babosas
B.
Caracol e ostras
C.
Ameixa e mexillón
D.
Navallas e tartarugas
6. 
Cal é a única diferenza entre os gasterópodos mariños e os bivalvos?
A.
Os gasterópodos mariños, como o mexillón, teñen unha soa cuncha, mentres que os bivalvos teñen dúas.
B.
Os gasterópodos mariños, como as caracolas de mar, teñen extremidades, mentres que os bivalvos non.
C.
Os bivalvos teñen unha soa cuncha, mentres que os gasterópodos mariños teñen dúas.
D.
Os gasterópodos mariños teñen unha soa cuncha, mentres que os bivalvos teñen dúas.
7. 
Selecciona as afirmacións correctas
A.
O golfiño e o tiburón pertencen á clase dos peixes
B.
O crocodilo e a serpe están dentro da clase dos réptiles
C.
Os morcegos e os periquitos pertencen á clase das aves
D.
Os sapos e as píntegas forman parte da clase dos anfibios
E.
A balea o coello son especies pertencentes á clase dos mamíferos
8. 
Selecciona as afirmacións correctas.
A.
Os mamíferos son vivíparos.
B.
As aves non son ovíparas.
C.
Os réptiles son vivíparos
D.
Os peixes son ovíparos
9. 
Que sucederá se o ser humano continúa facendo un uso irresponsable dos recursos?
A.
Solucionarase a crise económica
B.
Algúns ecosistemas, como o polo norte, desaparecerían, o cal faría que as es que as especies
C.
Algúns ecosistemas desaparecerían, pero os animais que vivan aí, iríanse outros ecosistemas.
D.
Os seres humanos, cando fan desaparecer un ecosistema, encárganse de levar aos animais a outros ecosistemas nos que poidan sobrevivir, polo que aos animais non lles pasaría nada.
10. 
Selecciona as características comúns entre anfibios e réptiles
A.
Son principalmente ovíparos.
B.
Respiran só por branquias.
C.
Adoitan a vivir nun entorno semiacuático.
D.
Son herbívoros
E.
Teñen escamas.