Icon Créer jeu Créer jeu
Jouer Test
  • 1. 
    Son características dos seres vivos:
    A.
    Nacer e morrer.
    B.
    Alimentarse e relacionarse.
    C.
    Realizar as funcións vitais.
    D.
    Todas son correctas.
    2. 
    A función de nutrición dos vexetais diferénciase da dos animais en que:
    A.
    Fabrican o seu propio alimento.
    B.
    Non toman auga.
    C.
    Non se moven.
    D.
    Ningunha é correcta.
    3. 
    Que frase ou frasaes son correctas?
    A.
    As plantas non se relacionan porque non poden desprazarse.
    B.
    A maioría das plantas reprodúcense a partir de sementes.
    C.
    Os animais fabrican o seu propio alimento.
    D.
    Os seres inertes non teñen vida.
    4. 
    As plantas pódense clasificar en:
    A.
    Altas e baixas.
    B.
    Bonitas e feas.
    C.
    Con flores e sen flores.
    D.
    Todas son correctas.
    5. 
    Son plantas con flores:
    A.
    Fento.
    B.
    Musgo.
    C.
    Cerdeira.
    D.
    Tomiño,
    6. 
    As plantas segundo o talo clasifícanse en:
    A.
    Árbores e arbustos.
    B.
    Árbores e herbas.
    C.
    Plantas e árbores.
    D.
    Herbas, arbustos e árbores.
    7. 
    Os arbustos e as árbores diferénzanse en que:
    A.
    As árbores non teñen flores.
    B.
    Os arbustos ramifícanse dende o chan.
    C.
    As árbores teñen tronco.
    D.
    Os arbustos teñen flores pequenas.
    8. 
    Planta sen flores e sen raíz, talo e follas.
    A.
    Musgo.
    B.
    Fento.
    C.
    Maceira.
    D.
    Acivro.
    9. 
    Planta de folla caduca, flores e froito.
    A.
    Feixoa.
    B.
    Fento.
    C.
    Maceira.
    D.
    Acivro.
    10. 
    O zume elaborado é:
    A.
    O que as plantas absorben do solo.
    B.
    Está formado por auga e sales minerais.
    C.
    É o que forma nas follas en presenza de luz.
    D.
    Ningunha é correcta.
    11. 
    Que celebramos no cole o 21 de marzo?
    A.
    Día da planta de interior.
    B.
    Día da loita contra a velutina.
    C.
    Non celebramos nada.
    D.
    Día das árbores e dos bosques.
    12. 
    As partes da maioría das plantas son:
    A.
    Raíz, talo, flores e follas.
    B.
    Raíz, talo e follas.
    C.
    Raíz e follas.
    D.
    Parte marrón e parte verde.
    13. 
    É un exemplo de arbusto:
    A.
    Herba luisa.
    B.
    Amorodos.
    C.
    Carballo.
    D.
    Buxo-
    14. 
    Son tipos de folla:
    A.
    Dentada,
    B.
    Aplatanada.
    C.
    Lobulada.
    D.
    Acicular.
    15. 
    Son tipos de folla:
    A.
    Grande.
    B.
    Composta.
    C.
    Palmada.
    D.
    Lineal.
    16. 
    As partes fundamentais da folla son:
    A.
    Peciolo, limbo e nervio.
    B.
    Xema e ápice.
    C.
    Nervio e nerviadura.
    D.
    Limbo, faz e envés.
    17. 
    A folla de carballo é?
    A.
    Dentada,
    B.
    Lobulada.
    C.
    Acicular.
    D.
    Palmada.
    18. 
    A folla de piñeiro é?
    A.
    Dentada,
    B.
    Lobulada.
    C.
    Acicular.
    D.
    Palmada.
    19. 
    Son plantas invasoras:
    A.
    Cortadeira.
    B.
    Eucalipto.
    C.
    Mimosa.
    D.
    Todas son correctas.
    20. 
    Son plantas invasoras:
    A.
    Sobreira.
    B.
    Camalote.
    C.
    Carballo.
    D.
    Todas son correctas.