Créer jeu
Jouer Test
1. 
Un barco normal,aínda que sexa de ferro, non se afunde na auga. Por que?
A.
Porque ten un motor.
B.
Porque contén aire no seu interior.
C.
Porque ten unha base moi ancha.
D.
Todas son correctas.
2. 
Que é materia?
A.
Todo aquilo que ocupa un lugar no espazo.
B.
Todo aquilo que ten masa e volume.
C.
Todo aquilo que forma a luz e o son.
D.
Ningunha é correcta.
3. 
A masa pode medirse en:
A.
cc
B.
kg
C.
g
D.
ml
4. 
O volume pode medirse en:
A.
l
B.
ml
C.
cc
D.
Todas son correctas.
5. 
Que é a densidade?
A.
O volume partido pola masa.
B.
O que ocupa un corpo.
C.
A viscosidade dun líquido.
D.
A masa partida polo volume.
6. 
A densidade dun ovo é:
A.
Algo menor de 1 g/ml
B.
Maior que a dunha rocha.
C.
Algo maior que 1 g/ml
D.
Menor que a do aceite.
7. 
Son propiedades específicas da materia:
A.
Dureza e fraxilidade.
B.
Elasticidade e densidade.
C.
Masa e volume.
D.
Todas son correctas.
8. 
Son propiedades xerais da materia:
A.
Dureza e fraxilidade.
B.
Masa e volume.
C.
Densidade e elasticidade.
D.
Todas son correctas.
9. 
Algunhas propiedades dos materiais son:
A.
Fraxilidade e dureza.
B.
Flexibilidade, opacidade e elasticidade.
C.
Condutividade, transparencia e impermeabilidade.
D.
Ningunha é correcta.
10. 
Grazas á enerxía prodúcense:
A.
Cambios dunhas substancias a outras.
B.
Cambios de posición.
C.
Cambios de estado.
D.
Non se producen cambios.
11. 
Marca a frase non correcta.
A.
A enerxía transfírese.
B.
A enerxía mantén a súa forma.
C.
A enerxía pódese almacenar.
D.
A enerxía transpórtase.
12. 
A enerxía mecánica, luminosa, térmica, química, nuclear e eléctrica, son:
A.
Formas de enerxía.
B.
Propiedades da enerxía.
C.
Fontes de enerxía.
D.
Calidades de enerxía.
13. 
A auga e a biomasa son fontes de enerxía:
A.
Minerais.
B.
Fósiles.
C.
Non renovables.
D.
Renovables.
14. 
Os combustibles fósiles son:
A.
Carbón.
B.
Biomasa.
C.
Gas.
D.
Petróleo.
15. 
A enerxía xeotérmica:
A.
É a que proporciona o interior da Terra.
B.
É a que se obten do uranio.
C.
É a que se produce na atmosfera da Terra.
D.
É a que se perde na atmosfera.
16. 
A contaminación producida por algúns gases de fábricas e coches, pode producir:
A.
Aumento do efecto invernadoiro.
B.
Disminución do efecto invernadoiro.
C.
Chuvia biomas.
D.
Chuvia ácida.
17. 
Illar ben as paredes e as fiestras da nosa casa:
A.
Axuda á dinámica industrial.
B.
Axuda a crear microclimas.
C.
Axuda ao aforro enerxético.
D.
Axuda a coidar o planeta.
18. 
Que propiedade da enerxía se pon de manifesto cando metemos un ovo acabado de cocer en auga fría?
A.
Transfórmase.
B.
Almacénase.
C.
Transpórtase.
D.
Transfírese.