Créer jeu
Jouer Relier Colonnes

O logo procede do famoso "Punto de maglia" que recorda a orixe daquela pequena empresa familiar, que empezou cunha soa máquina tecedora. A súa cor verde característica fai alusión á curta idade dos seus clientes e á aposta por un produto ecolóxico e de alta calidade.

A cor amarela procece do limón que os ingleses usaban cando tomaban quinina mezclada con soda e limón para contrarrestar o seu sabor. O seu nome ven dun alemán chamado Jacob Schweppes que crea en 1783 a soda, e despois a comerciaría baixo o seu nome

A cor negra indica o tipo de cervexa, neste caso negra, e a arpa xa foi utilizada como expresión visual na 2ª mitade do s. XIX. Conta a lenda que isto se fixo en honor á arpa creada para Brian Boru, o rei irlandés que loitou contra os Normandos no sécullo XI. Sería en 1922 cando a Irlanda independente tomaría a arpa como emblema da nación, pero ao ter xa propietario, tiveron que poñela boca abaixo na bandeira.

O nome xurdiu de dous publicistas da compañía que vivían en Pringle Drive (EEUU), os empregados consideraron que o nome combinaba ben co produto, entón decidiron utilizalo. Co nome veu a creación de Míster, un home de largos bigotes e cellas poboadas, que é a cara da marca.

Phil Knight encargoulle á deseñadora Carolyn Davidson un logo para a súa empresa. Só lle deu unha condición: que transmitise movemento. Ela inspirouse na ala da deusa grega Niké, a victoria, que concedía o triunfo aos atletas.

Esta empresa francesa leva o apelido do seu creador, un tenista. A elección do logo comezou cando o seu fundadorgañou un partido de tenis e como celebración regaláronlle un produto elaborado con pel de crocodilo. É así como xurdiu a idea de que un crocodilo fose o logo diferenciador da marca.

Chámaronlle así a este produto porque os nenos (bambinos) de Italia se lles di "bimbo" de maneira coloquial e ademais na China o fonema para designar o pan soa moi parecido a Bimbo. A utilización deste cachorro suxire ternura e remite desta forma directamente ao seu público principal.

O logo representa a cabeza de Medusa, a gorgona de beleza irresistible, convertida nun mounstro por Atenea. O deseñador quixo que a súa firma representara o espíritu dunha muller poderosa e loitadora con gran poder de atracción como Medusa.

Esta empresa de calzado ten as súas instalacións rodeadas de bosques o que deu lugar a seu nome e identidade : Timber é unha madeira que se atopaba nos bosques de aí mesmo naceu Timberland, “Tierra do Timber”. Esta é a árbore que aparece no seu logotipo e incide na importancia de cuidar o medio ambiente.

No 1968 o seu creador elixiu como símbolo un niño con paxaros, dado que a primeira parte do seu apelido (Nest) significa "niño" e tamen aparecia no seu escudo familiar.

O seu nome procede de un acrónimo de Milch und Kakao, e o envoltorio lila fíxose para destacar o seu produto e non fose como todos os demais envoltorios de chocolate.

Estas pastillas de chocolate foron creadas para os soldados norteamericanos na Segunda Guerra Mundial porque non se derretían. Ao principio, as pastillas eran marrones, e pouco a pouco foron aparecendo o resto de cores, ata convertirse en verdadeiros personaxes. O seu nome débese á inicial dos apelidos dos seus creadores.

O nome procede de "Adi", diminutivo de Adolf, e "dás", primeira sílaba do apelido Dassler. No primeiro logo había tres follas que recordaban ao loureiro olímpico. Máis tarde simplificaríanse en tres liñas en forma de montaña que simbolizan o sacrificío e o esforzo que require superar os teus límites e chegar aos teus obxectivos.