Créer jeu
Jouer Test
1. 
Cal é o fenómeno social que comprende todos os actos a través dos cales se comunican as persoas para transmitir/intercambiar información?
A.
Canle
B.
Comunicación
C.
Memoria
2. 
Cales son os elementos que interveñen no proceso de comunicación?
A.
O contexto, o código, a canle, a persoa emisora, a mensaxe e a persoa receptora.
B.
O contexto, o código, a canle e a persoa emisora.
C.
O código, a mensaxe e a canle.
3. 
O ____________ é o lugar onde se leva a cabo o proceso comunicativo.
A.
Contexto
B.
Canle
C.
Código
4. 
Cales son as funcións da linguaxe?
A.
Emotiva ou expresiva, fática ou de contacto e conativa ou apelativa.
B.
Emotiva ou expresiva, representativa ou referencial, conativa ou apelativa, poética ou estética, fática ou de contacto e metalingüística.
C.
Poética ou estética, representativa ou referencial e metalingüística.
5. 
A intención da función emotiva ou expresiva é:
A.
Asegurar que a canle a través da cal se fai a comunicación funciona.
B.
Informar ou transmitir un contido: a mensaxe.
C.
Expresar os sentimentos e as emocións da persoa emisora.
6. 
A linguaxe emotiva ten como intención:
A.
Expresar os sentimentos e as emocións da persoa emisora.
B.
Informar ou transmitir un contido: a mensaxe.
C.
Evitar expresar os sentimentos.
7. 
Expresar un refrán ten unha función:
A.
Fática ou de contacto.
B.
Poética ou estética.
C.
Metalingüística.
8. 
A ______________________ é a capacidade que ten a persoa para intercambiar mensaxes sen utilizar palabras.
A.
Comunicación escrita.
B.
Empatía.
C.
Comunicación non verbal.
9. 
Cales son os tipos de comunicación non verbal?
A.
Paralingüística, kinésica e proxémica.
B.
Paralingüística e kinésica unicamente.
C.
Kinésica e proxémica unicamente.
10. 
Que habilidades poden axudar a manter unha boa comunicación?
A.
A empatía e a escoita activa.
B.
A asertividade e o feedback.
C.
As outras respostas son correctas.
11. 
Cales son as barreiras da comunicación?
A.
As barreiras físicas.
B.
As barreiras psicolóxicas.
C.
As barreiras físicas, fisiolóxicas e psicolóxicas.
12. 
As ______________________________ son as deficiencias orgánicas que presentan as persoas, especialmente dependentes, xa sexan de tipo auditivo, visual ou verbal.
A.
Barreiras fisiolóxicas.
B.
Barreiras psicolóxicas.
C.
Barreiras físicas.
13. 
Entre as barreiras psicolóxicas atopamos:
A.
O esquecemento, a falta de atención e a ausencia de feedback.
B.
A percepción errónea e a deformación da mensaxe.
C.
As respostas A e B son correctas.
14. 
O esquecemento, a falta de atención e a percepción errónea son barreiras _____________________ que dificultan a comunicación.
A.
Físicas.
B.
Fisiolóxicas.
C.
Psicolóxicas.
15. 
É unha barreira psicolóxica.
A.
Os ruídos.
B.
As deficiencias orgánicas.
C.
Os esquecementos.
16. 
Que barreiras da comunicación son típicas da persoa receptora?
A.
A percepción errónea da mensaxe e a deformación da información.
B.
A falta de atención, de feedback e de empatía.
C.
As outras respostas son correctas.
17. 
Cales son as pautas para mellorar a comunicación coas persoas usuarias?
A.
A atención e a claridade.
B.
A claridade, a sinxeleza e a atención.
C.
A atención e a sinxeleza.
18. 
Cales son as técnicas da comunicación eficaz?
A.
A empatía e a escoita activa.
B.
A asertividade.
C.
As outras respostas son correctas.
19. 
A escoita activa:
A.
Permite comprender plena e adecuadamente o que a outra persoa di.
B.
Implica poñer toda a atención, intención e esforzo en recibir completa e adecuadamente o que a outra persoa quere transmitir.
C.
As outras respostas son correctas.
20. 
É unha postura corporal a adoptar para aplicar a escoita activa:
A.
Colocarse de costas á persoa.
B.
Mostrar as mans e os brazos abertos.
C.
Adoptar unha postura moi relaxada.
21. 
Que debemos evitar durante a escoita activa?
A.
Manter o contacto visual.
B.
Distraer a atención da conversación.
C.
Devolver palabras de afecto.
22. 
A ____________________ é a capacidade de comprender e interpretar os sentimentos da outra persoa, sendo necesario poñerse no seu lugar:
A.
Atención.
B.
Empatía.
C.
Escoita activa.
23. 
Cales son as técnicas asertivas no desenvolvemento dunha discusión?
A.
O disco raiado, o banco de néboa e o aprazamento asertivo.
B.
A ignorancia e a pregunta asertiva.
C.
As outras respostas son correctas.
24. 
En función da proximidade física das persoas participantes nunha interacción, cales son os tipos de distancia?
A.
Social e pública unicamente.
B.
Íntima e persoal principalmente.
C.
Pública, social, persoal e íntima.
25. 
A proximidade física na distancia íntima é:
A.
Superior a 360 cm.
B.
Inferior a 400 cm.
C.
Entre 15 e 45 cm.
26. 
No caso das persoas con déficit auditivo, debemos:
A.
Empregar unha linguaxe sinxela e asegurarnos que a persoa usuaria nos está mirando cando estamos a falar.
B.
Situarnos detrás da persoa, articulando e xesticulando para salientar a mensaxe.
C.
Non deixar que a persoa usuaria acabe o seu discurso sen interromperlle.
27. 
No caso das persoas con discapacidade ou diversidade funcional intelectual, debemos:
A.
Non manter o contacto visual.
B.
Facer avaliacións da persoa usuaria.
C.
Adaptar a comunicación á idade e darlle un trato o máis sinxelo e directo posible.
28. 
Cal é a base fundamental de toda comunicación coa familia da persoa dependente?
A.
A sinceridade.
B.
A avaliación.
C.
A preocupación.
29. 
Cales son os apoios comunicativos que deben ofrecer os e as profesionais ás familias?
A.
O asesoramento e a información.
B.
A formación especializada e o apoio terapéutico.
C.
As outras respostas son correctas.
30. 
Que é EPICEE?
A.
Un protocolo para comunicar malas noticias.
B.
Un protocolo para comunicar boas noticias.
C.
Un protocolo para comunicar incidencias.
31. 
Como se chama o protocolo para comunicar malas noticias?
A.
EPICEE.
B.
Maslow
C.
Barthel.
32. 
Cantas etapas compoñen o protocolo de actuación de malas noticias coñecido como EPICEE?
A.
Dúas
B.
Tres
C.
Seis
33. 
Que significa SPC?
A.
Sistema Para Comunicar.
B.
Sistema Para Control.
C.
Sistema Pictográfico de Comunicación.
34. 
Que significa SAAC?
A.
Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación.
B.
Signos Aumentativos e Alternativos de Comunicación.
C.
Sistema Alternativo Avanzado de Comunicación.
35. 
A lingua de signos:
A.
Non se considera SAAC.
B.
Non é unha linguaxe, é unha lingua.
C.
As outras respostas son correctas.