Icon Créer jeu Créer jeu
Jouer Froggy Jumps
  • 1. Cal destas probas é unha técnica de rexisto de actividade eléctrica?
    A
    Biopsia
    B
    Electrocardiograma
    C
    TAC
    2. Técnica na que se introduce por un orificio natural, ou a través dunha pequena incisión, unha sonda articulada en cuxa punta vai aloxada unha pequena cámara e unha luz.
    A
    Endoscopia
    B
    Electromiograma
    C
    Ecografía
    3. Técnica que serve para comprobar o comportamento do corazón ante situacións de esforzo. Tamén se emprega para diagnosticar anxina de peito en persoas que presentan dor torácico.
    A
    Gammagrafía
    B
    Resonancia magnética
    C
    Ergometría ou proba de esforzo
    4. Permite observar estruturas moi pequenas dentro do corpo, pero somete ao corpo a altas doses de radiación X (equivale a unhas 500 radiografías).Só se emprega para detectar estruturas dificilmente observables por outros métodos.
    A
    Tomografía axial computerizada
    B
    Resonancia magnética
    C
    Radiografía
    5. Consiste en irradiar unha parte do corpo con raios X, estes atravesarán os tecidos e crearán unha imaxe nunha placa situada ao outro lado. Dita imaxe é moi nítida no caso dos ósos, mentres que no caso dos tecidos brandos forma sombras.
    A
    Ergometría
    B
    Radiografía
    C
    Gammagrafía
    6. Inxéctanse no paciente substancias marcadas radiacivamente. Os aparatos detectan este líquido segundo se vai desprazando permitindo obter imaxes que amosan o funcionamento dun órgano.
    A
    Gammagrafía ou medicina nuclear
    B
    Encefalograma
    C
    Radiografía
    7. Rexistra a actividade eléctrica do cerebro. Para iso colócanse na cabeza uns electrodos pegados cunha especie de parches que detectan as sinais eléctricas e converten as sinais eléctricas do cerebro en liñas onduladas sobre o papel ou a pantalla.
    A
    electrocardiograma
    B
    encefalograma
    C
    ecografía
    8. Emprégase na diagnose e comprobación de diversas anomalías cerebrais; perdas de memoria, consciencia, traumatismo craneoencefálico, convulsións, tumores, problemas de sono... Tamén para determinar a morte cerebral de persoas en coma profundo.
    A
    electroencefalograma
    B
    ecografía
    C
    radiografía
    9. Empréganse ultrasóns que atravesan os tecidos brandos do corpo e que van rebotando neles. Un ordenador interpretaos e crea unha imaxe en dúas dimensións nunha pantalla.
    A
    radiografía
    B
    ecografía
    C
    gammagrafía
    10. Extracción dunha pequena parte dun tecido que se examina posteriormente no laboratorio, para analizar as súas características e detectar posibles patoloxías. É moi frecuente realizalas sobre tumores para determinar se son malignos.
    A
    análise
    B
    resonancia magnética
    C
    biopsia