Créer jeu
Jouer Mots Roulette
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
Ñ
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
Seres vivos do reino vexetal que se caracteriza por vivir na auga, tanto doce coma salgada, e por ter clorofila.
Comeza por  
B
Nome do parque do barrio de Coia onde podemos atopar estanques e unha charca.
Comeza por  
C
Larva dos anfibios de corpo groso e cola longa. Cría das ras.
Comeza por  
D
Auga que non ten sabor salgado, esencial para a vida nas charcas e estanques.
Comeza por  
E
Conxunto de organismos animais e vexetais que constitúen unha comunidade integrada e o medio natural en que viven.
Comeza por  
F
Conxunto das plantas dun país ou rexión.
Contén  
G
Líquido do que están compostos os mares, lagos e ríos, incoloro en pequenas cantidades, inodoro e insípido.
Contén  
H
Depósito máis ou menos grande de auga que se forma nas fochancas do terreo ao chover.
Comeza por  
I
Pequeno animal invertebrado co corpo dividido en cabeza, tórax e abdome, de respiración traqueal, que sofre metamorfose no seu desenvolvemento e que posúe un par de antenas e tres pares de patas, e ás na maior parte das especies.
Comeza por  
L
Insecto que se caracterizan por ter a cabeza e o tórax unidos, ollos moi desenvolvidos e xuntos, abdome longo e fino e dous pares de ás que estenden horizontalmente cando está en repouso.
Comeza por  
M
Insecto de patas longas e delgadas, ás transparentes e trompa recta coa que as femias chuchan o sangue de que se alimentan.
Comeza por  
N
Planta acuática de follas grandes, arredondadas ou con forma de corazón, que flotan na superficie da auga, e flores con moitos pétalos de cor branca, amarela ou rosa.
Contén  
Ñ
Meterse unha persoa, animal ou cousa en auga ou noutro líquido
Contén  
O
Réptil sen patas de corpo longo e cilíndrico e pel con escamas, do cal existen moitas especies de distintas cores e tamaños, algunhas das cales son velenosas. Nas charcas son habituais as de colar.
Comeza por  
P
Insecto parasito do home e de distintos animais, co corpo comprimido, de cor escura e patas longas, o que lle permite dar grandes saltos. Tamén hainas de auga.
Contén  
Q
Pequena cavidade artificial de auga, utilizado decotío para regar, criar peixes, nadar, etcétera, ou con fins ornamentais.
Comeza por  
R
Anfibio que ten a pel lisa de cor verdosa ou parda anda a saltos é bo nadador e vive en lugares onde hai auga.
Comeza por  
S
Anfibio de patas curtas, pel rugosa e xeralmente de costumes nocturnos semellante á ra.
Comeza por  
T
Anfibio acuático da familia dos salamándridos, de corpo longo, cola comprimida polos laterais e cunha especie de crista dorsal nos machos, do que existen varias especies.
Contén  
U
Conxunto dos animais dun país, rexión etc., ou dunha época.
Contén  
V
Fase correspondente ao estadio posterior á eclosión do ovo, na metamorfose de certos animais como os insectos, crustáceos etc., que presenta importantes diferenzas coa súa fase adulta. Nas charcas e estanques hainas de mosquito.
Comeza por  
X
Planta acuática orixinaria de América do sur moi popular nos estanques. Esta planta acuática forma unha especie de rizoma do que saen unhas bombiñas de aire, que favorecen a súa flotación, que forman un rosetón que se infla.
Comeza por  
Z
Insecto de cor negra e patas moi longas e do que existen diversas especies que viven na superficie da auga sobre a cal se desprazan con moita axilidade.