Créer jeu
Jouer Test
1. 
Rosalía de Castro escribiu "Follas novas". En que data foi publicado?
A.
1880
B.
1888
C.
1863
D.
1678
2. 
O 17 de maio celébrase o Día das Letras galegas. Por que se elexiu esta data? Coincide
A.
Coa morte de Murguía
B.
Cos cen anos de publicación de "Cantares Gallegos"
C.
Co nacemento de Rosalía de Castro
D.
Coa volta do exilio de Castelao
3. 
Nome dun autor polifacético, a quen se lle adicou este día no ano 1964
A.
Curros Enríquez
B.
Cunqueiro
C.
Otero Pedrayo
D.
Castelao
4. 
"Que din os rumorosos..." , Quen é o seu autor ?
A.
X. M. Pintos
B.
Pondal
C.
Curros Enríquez
D.
Cabanillas
5. 
"Queredes castañas dos meus castiñeiros..." Elixe os dous versos seguintes de Curros
A.
Subide a collelos/non teñades medo
B.
Como mos toquedes/córtovos os dedos
C.
Cantádeme un maio/sen bruxos nin demos
D.
Magosto en outono/xuntos faceremos
6. 
Nome do autor do libro "A idades de ferro en Galicia"
A.
Castelao
B.
Amado Carballo
C.
Otero Pedrayo
D.
López Cuevillas
7. 
Por mor da súa profesión Noriega Varela viviu en distintos lugares. Cal era esta?
A.
Cura
B.
Mestre
C.
Veterinario
D.
Garda civil
8. 
"Máxina ou a filla espúrea" é a 1ª novela en galego. Que significa o adxectivo?
A.
Lizgaira
B.
Mecosa
C.
Bastarda
D.
Mordaz
9. 
Quen foi o autor de " O catecismo do labrego"?
A.
Padre Feijóo
B.
Anónimo
C.
O cura Fruime
D.
Lamas Carvajal
10. 
En que anos e onde naceu e finou Manuel Lago González?
A.
Celanova (1851)/ A Habana (1908)
B.
Coruña(1889)/ Coruña (1950)
C.
Tui (1865)/ Santiago de Compostela (1925)
D.
Celanova (1912) / Vigo (1979)
11. 
Nome do grupo do que X. Vicente Viqueira foi presidente:
A.
As avangardas
B.
As Irmandades da Fala
C.
O Rexurdimento
D.
Nós
12. 
Cales son os personaxes principais da obra "A gaita galega" de Pintos Villar
A.
Un gaiteiro e un tamborileiro
B.
Un mestre e un alumno
C.
Unha modista e a súa aprendiz
D.
Un neno e un pallaso
13. 
Nome do poeta do s.XX a quen se lle coñece polo alcume, "Poeta da raza"
A.
Cabanillas
B.
Curros
C.
Castelao
D.
Pondal
14. 
Villar Ponte asinou con Cabanillas o drama histórico titulado:
A.
O corazón dun pedáneo
B.
Beiramar
C.
O marsical
D.
Os dous de sempre
15. 
Atopa as dous obras máis salientables de López Ferreiro?
A.
Os dous de sempre/ Os outros feirantes
B.
A tecedeira de Bonaval/ O castelo de Pambre
C.
A patria do galego/Almas mortas
D.
Os camiños da vida/ A nosa cinza
16. 
O poeta Manuel Antonio naceu en Rianxo. Que outros dous escritores tamén naceron alí?
A.
Pondal e Rosalía
B.
Castelao e Dieste
C.
Pintos e Añón
D.
Celso Emilio e Neira Vilas
17. 
Alfonso X nado en Toledo, pero criado na fortaleza de Maceda na provincia de...
A.
Lugo
B.
Pontevedra
C.
A Coruña
D.
Ourense
18. 
O nome da obra máis salientable de Leiras Pulpeiro coincide coa doutro literato galego ...
A.
X. M. Pintos
B.
Rosalía de Castro
C.
Lamas Carvajal
D.
Añón
19. 
A. Cotarelo Valledor foi cofundador e primeiro presidente de:
A.
Real Academia Galega
B.
Rede Hidrográfica do Miño
C.
Seminario de Estudos Galegos
D.
Xunta de Galicia
20. 
Cando e onde naceu e morreu Antón Losada Diéguez?
A.
Mondoñedo 1869/ Viveiro 1947
B.
Boborás 1884/ Pontevedra 1929
C.
Vegadeo 1879/ Madrid 1950
D.
Cambados 1876/ Cambados 1970
21. 
O poeta A. Iglesias Alvariño é autor da obra "Cómaros verdes". Que significa o nome?
A.
Regos dos prados
B.
Copas das árbores
C.
Arredores das leiras
D.
Sucos das hortas
22. 
Nome da segunda muller a quen se lle adicou este día , autora de "Néveda"
A.
Emilia Pardo Bazán
B.
Concepción Arenal
C.
Xoana de Vega
D.
Francisca Herrera Garrido
23. 
Sinala que obra non é de Otero Pedrayo:
A.
O fidalgo
B.
A lagarada
C.
A noite estrelecida
D.
Guía de Galicia
24. 
Como se chama o pobo de Ourense onde naceron Curros e Celso Emilio ?
A.
Maceda
B.
Ribadavia
C.
Allariz
D.
Celanova
25. 
Nome do poeta lugués que residiu na Residencia de Estudiantes xunto con Lorca, Dalí etc.
A.
Luis Pimentel
B.
Álvaro Cunqueiro
C.
Ánxel Fole
D.
Leiras Pulpeiro
26. 
É un grande narrador tanto da realidade como da fantasía mesturada coa realidade
A.
Cunqueiro
B.
Cabanillas
C.
Risco
D.
Castelao
27. 
Fermín Bouza Brey é considerado como o iniciador da corriente literaria chamada...
A.
Imaxinismo
B.
Neotrobadorismo
C.
Surrealismo
D.
Parnasianismo
28. 
"A esmorga" de E. Blanco Amor é considerada a 1ª novela moderna en galego. Que significa?
A.
Seitura
B.
Romaría
C.
Feira
D.
Troula
29. 
Dúas obras significativas de R. Dieste unha é narrativa e outra dramática. Sinaálaas
A.
Os camiños da vida/Teatro de máscaras
B.
Dos arquivos do trasno/ A fiestra valdeira
C.
O porco de pé/ O bufón de El Rei
D.
Néveda/ Beiramar
30. 
A tese doutoral de X. Ferro Couselo versa sobre un elemento da arte rupestre galega. Cal é
A.
Os petroglifos
B.
A pintura dos bisontes
C.
A cerámica
D.
A construción dos castros
31. 
Nome dun escritor lugués de contos , que mesmo semellan recollidos da tradición oral
A.
Cunqueiro
B.
Pimentel
C.
Fole
D.
Leiras Pulpeiro
32. 
Quen escribiu as cantigas: "Ondas do mar de Vigo" e "Sedíame na ermida de San Simón"
A.
Xohán Airas/Pero Meogo
B.
Airas Nunes/ Don Dinís
C.
Martín Soares/Bernal de Bonaval
D.
Martín Códax/ Meendiño
33. 
Roberto Blanco Torres adoitaba a utilizar o pseudónimo:
A.
Fray Roblanto
B.
Chisgarabís
C.
O Carrabouxo
D.
Xocas
34. 
Manuel Murguía estivo casado cunha importante escritora galega. Cal?
A.
Emilia Pardo Bazán
B.
Francisca Herrera Garrido
C.
Luz Pozo Garza
D.
Rosalía de Castro
35. 
E. Rodríguez González foi un dos membros fundadores da RAG e autor de:
A.
Adiviñanceiro galego
B.
O repertorio galego
C.
Refráns, adiviñas e trabalinguas
D.
Diccionario enciclopédico gallego-castellano
36. 
A importancia do escritor Fr. Martín Sarmiento deriva de...
A.
que se trataba dun freire bieito
B.
de pertencer a un estamento da sociedade
C.
da apaxioada e razoada defensa do galego
D.
de ser un persoa nada fóra de Galicia
37. 
Nome da obra de Risco na que fai unha sátira dun comerciante que chega a alcalde
A.
O porco de pé
B.
A nosa cinza
C.
Os camiños da vida
D.
Longa noite de pedra
38. 
A características da poesía de Amado Carballo sitúano na liña dun poeta andaluz:
A.
Nicolás Guillén
B.
Antonio Machado
C.
García Lorca
D.
Miguel Hernández
39. 
Cal destas obras non é del escritor López Abente?
A.
Nemancos
B.
Alento da Raza
C.
Proel
D.
De outono
40. 
Artista polifacético que viviu no exilio e que é o autor desde cadro
A.
Laxeiro
B.
Seoane
C.
Grandío
D.
Qesada
41. 
Avilés de Tamarancos, autor de "Contos caucanos" emigrou a...
A.
México
B.
Arxentina
C.
Colombia
D.
Chile
42. 
Quen foi o presidente do Padroado do Museo do Pobo galego?
A.
Xaquín Lorenzo
B.
Isaac Díaz Pardo
C.
Otero Pedrayo
D.
Luís Seoane
43. 
Que poeta monterrosino ten tres obras ilustradas por Luís Seoane?
A.
Luis Pimentel
B.
Lorenzo Varela
C.
Manuel María
D.
Lugrís Freire
44. 
Nome do director do primeiro xornal americano redactado en galego:
A.
Manuel Lugrís Freire
B.
Avilés de Tamarancos
C.
Lorenzo Varela
D.
Castelao
45. 
Nome da autora do libro
A.
Luisa Castro
B.
Luz Pozo Garza
C.
Marilar Aleixandre
D.
María Mariño
46. 
Nome do fundador de "Edicións Castrelos"?
A.
Xosé Mª Álvarez Blázquez
B.
Isaac Díaz Pardo
C.
Ramón Piñeiro
D.
Lorenzo Varela
47. 
Unha das obras de L. Pereiro leva por título dúas palabras moi importantes na súa vida. Cales?
A.
Danza e ledicia
B.
Amor e enfermidade
C.
Pesadume e lixeireza
D.
Latexo e conformidade
48. 
Paz Andrade foi director dun xornal galeguista entre 1922-1926. Como se chamaba?
A.
Galicia
B.
Faro de Vigo
C.
El Regional
D.
La Voz de Galicia
49. 
Como se chamaba a compañia teatral de Vidal Bolaño?
A.
Teatro de monicreques
B.
Teatro de sombras
C.
Teatro institucional
D.
Teatro de antroido
50. 
Cal é obra máis salientable de Díaz Castro?
A.
Cirros
B.
Cúmulos
C.
Nimbos
D.
Escolmas
51. 
De Filgueira Valverde dise que foi un "polígrafo". A que se refire esta palabra?
A.
A que fala moitas linguas
B.
A que escribía só con bolígrafo
C.
A que exerceu diferentes funcións políticas
D.
A que escribiu sobre diferentes temas
52. 
Carlos Casares tamén escribiu literatura infantil- A galiña azul, As laranxas de...-, pero que novela moi coñecida la Literatura infantil e xuvenil traduciu ao galego?
A.
Pipi Calzaslargas
B.
O mago de Oz
C.
O principiño
D.
Charlie e a fábrica de chocolate